Audicións do Renacemento - 3º ESO

Déixovos os enlaces para que poidades escoitar de novo as audicións que vos puxen a semana pasada na aula.


A primera audición é o Ave María de Tomás Luis de Victoria. É un bo exemplo dunha misa cantada en latín, coas catro voces típicas do Renacemento e a alternancia entre contrapunto e homofonía.


 



 O segundo enlace é o coral protestante. Xa vos aclarei que o exemplo que vos puxen é de Bach, que pertence ao período seguinte (Barroco), pero reflicte moi ben as características do coral renacentista: está escrito en latín, ten forma AAB, catro voces, caldeiróns ao final de cada verso...


 



 O último enlace é da danza "Belle qui tiens ma vie". Esta obra xa é profana, pois está escrita en francés e está destinada ao baile. Esta pavana (danza lenta) vai seguida unha gallarda (danza rápida).


 


Powered by Drupal - Design by artinet