Recoméndoche que escoites: Mylo Xyloto de Coldplay

Todos temos algunha canción que nos gusta escoitar unha e outra vez. Porque nos recorda algún momento especial ou a alguén que queremos. Outras veces namorámosnos dunha canción a primeira vez que a escoitamos. Porque si, porque ten algo; pola nosa afinidade co grupo que a toca, pola sensación que nos transmite.

A miña primeira recomendación musical do curso será Mylo Xyloto, o último disco de Coldplay. Identifícome coa súa múscia, con algunhas das súas letras, e por iso che convido a ver estes dous vídeos do seu último disco, subtitulados en castelán. Se podes, sube o volume...

 

Powered by Drupal - Design by artinet