RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

10/25/2022 07:47
Etc/GMT

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR 

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públcios, comenza o proceso de renovación parcial do noso consello escolar.

Serán renovados os seguintes sectores:

-profesorado: renovaranse 3 membros

-familias: renovarase 1 membro ( o menos votado da última renovación)

-alumnado: renovarase 1 membro ( o menos votado da última renovación)

-PAS: non se renovará

O primeiro paso deste proceso será a constitución da Xunta Electoral que guiará e controlará dita renovación.

A Xunta Electoral estará formada, por: a directora, un profesor/a, un pai, nai ou titor/a legar, un alumno/a e un membro do PAS. Os 4 últimos designados por sorteo público que se levará a cabo o próximo venres 28 de outubro de 2022 ás 12:00 na biblioteca do noso centro educativo.

A directora

María Fernández Ferro

Powered by Drupal - Design by artinet