PROCESO MATRICULA ALUMNADO ESO CON PERMANENCIA NO CENTRO

Destinatarios:

 Alumnado da ESO CON PERMANENCIA no centro.

 Período de presentación de matrículas:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Onde presentar a documentación? 

 Na secretaría do centro.

 En que horario? 

 Do 25 ata o 30 de xuño: de 9.45 a 12.00h e de 13.30 a 14:00h

 Do 1 de xullo ata o 10 de xullo: de 9 a 12 h.

 Que documentación presentar?  (Premer en cada documento para descargar).

  1. Impreso de matrícula1.

  2. O alumnado que solicite comedor escolar deberá presentar:

 a) Impreso de solicitude do servizo de comedor escolar1

 b) Modelo de autodeclaración e especificación (publicarase cando estea dispoñible)

3. Resgardo que xustifique o ter pagado o Seguro escolar (1,12€) no nº de conta Abanca ES372080 5433673040100135 (só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)

4. Autorización para a utilización da imaxe 1 do/a alumno/a.

  5. 1 fotografía tamaño carné.

  6. Impreso de materias optativas (só para alumnos que repitan curso)1

      Impreso1ºESO. Impreso 2º ESO. Impreso 3º ESO. Impreso 4ºESO

  7. Sobre de matrícula2

  8. O alumnado con enfermidade crónica que precise algún tipo de apoio no centro deberá solicitar e entregar debidamente cuberto o impreso do PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO1.

Se ao alumnado xa está dado de alta en dito plan, o/a pai/nai deberá pasar pola Secretaría do Centro, na segunda quincena do mes de setembro, para comprobar a información trasladada e deixar constancia por escrito que non hai ningunha modificación.

 

1Recóllese na secretaría do centro ou descárgase da páxina web do centro.

2Recóllese na secretaría do centro.

 

 

IMPORTANTE: Ao comezo de curso, é conveniente que todas as familias teñan descargada a aplicación AbalarMóbil nos seus terminais para a comunicación co equipo docente do alumnado.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet