MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2022-2023

Destinatarios:

Alumnado de nova incorporación ao centro.

Período de presentación de matrículas:

a.   Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2022

b.   E.S.O.: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Onde presentar a documentación? 

Na secretaría do centro.

En que horario? 

De 9.45 h a 12 h e de 13.30 a 14 h

Que documentación presentar?  (Premer en cada documento para descargar).

1. Impreso de matrícula (AnexoIII_11 para Educación Infantil e Primaria e AnexoIII_21para Educación Secundaria).

2. Fotocopia de todas as páxinas do libro de familia _escritas a bolígrafo_. (Non é necesario entregar se xa se  fixo na solicitude de admisión)

3. Fotocopia do DNI do/a alumno/a, do pai e da nai, ou titores legais. (Non é necesario entregar se xa se fixo na solicitude de admisión)

4.  2 fotografías tamaño carné.

5.  Impreso de solicitude do servizo de transporte (de ser o caso):

  a) Impreso de solicitude do servizo de transporte1

b) O alumnado que queira solicitar transporte escolar e non teña dereito, deberá cubrir o impreso como usuario excepcional1.

6. O alumnado que solicite comedor escolar deberá presentar:

a) Impreso de solicitude do servizo de comedor escolar1

b) Modelo de autodeclaración e especificación (publicarase cando estea dispoñible)

7. Autorización para a utilización da imaxe 1 do/a alumno/a.

8. Formulario de elección de lingua1(só para 4º de educación infantil)

9. Certificación académica do último curso realizado expedido polo centro de orixe (sempre que o alumno/a non se incorpore por primeira vez ao sistema educativo obrigatorio español)

10. Autorización para a recollida do alumnado:

 a) Impreso  para alumnado de E. Infantile 1º, 2º,3º e 4º de Ed. Primaria 1.

 b) Impreso para alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e Ed. Secundaria 1.

11. Resgardo que xustifique o ter pagado o Seguro escolar (1,12€) no nº de contaAbanca ES372080 54336730 40100135 (só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)

 

12. Impreso de materias optativas (só para Educación Secundaria)1

      Impreso1ºESO. Impreso 2º ESO. Impreso 3º ESO. Impreso 4ºESO

13. Sobre de matrícula2

14. O alumnado con enfermidade crónica que precise algún tipo de apoio no centro deberá solicitar e entregar debidamente cuberto o impreso do PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO1.

 

1Recóllese na secretaría do centro ou descárgase da páxina web do centro.

2Recóllese na secretaría do centro.

 

IMPORTANTE: Ao comezo de curso, é conveniente que todas as familias teñan descargada a aplicación AbalarMóbil nos seus terminais para a comunicación co equipo docente do alumnado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet