CIRCULAR FAMILIAS: RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO NO CENTRO.

 -               Nos vindeiros días os titores/as entregarán a cada alumno/a todo o material que teña no centro. Poderá acceder un proxenitor, o alumno, ou este acompañado polo proxenitor.

 -       Rogamos a todas as persoas que accedan ao recinto escolar que en todo momento respecten as medidas de prevención e hixiene, mantendo a distancia mínima interpersoal de 2 metros de distancia. É obrigatorio o uso de mascarilla.

 -       A entrega de material realizarase na propia aula do alumno. Só entrará un proxenitor/alumno de cada vez, o seguinte deberá esperar na porta da aula. A saída do edificio realizarase polos patios cubertos.

 -       Cada alumno deberá vir provisto dunha bolsa/mochila para recoller o seu material.

 -       Antes e despois do proceso de entrega de material, o proxenitor deberá desinfectar as mans co xel hidroalcohólico que lle facilitará o titor/a.

 -         No caso de irmáns, o proxenitor poderá acudir nos diversos días nos que está citado; tamén ten a opción de vir o último día no que está citado un dos seus fillos. Nese caso, o proxenitor deberá pedir o material do outro fillo/a na conserxería.

 -         Os alumnos/as que teñan no seu domicilio algún libro ou mochila viaxeira da biblioteca deberán entregalo o mesmo día na biblioteca do centro.

 -          Rogamos a todas as persoas que accedan ao recinto escolar que abandonen o mesmo unha vez rematado o trámite, co obxectivo de evitar aglomeracións.

             Moitas grazas pola vosa colaboración.

 Un saúdo,

Silvia Padrón

Directora.

Semana do 1 ao 5 de xuño.

 Recollida do material por parte do alumnado de ed. Infantil, 1º e 2º de EP, de tal xeito.

Horas.

Luns 1

Martes 2

Mércores 3

Xoves 4

Venres 5

9:30  a 11:30 h

 

1º A EP

1º A EP

2º A EP

2º A EP

11:30 a 13:30 h

 

1º B EP

1º B EP

2º B EP

2º B EP

 Recollida do material por parte do alumnado de 3º e 4º de ESO, de tal xeito.

Horas.

Luns 1

Martes 2

Mércores 3

Xoves 4

Venres 5

10:00  a 13:00 h

 

 

4º ESO A

3º ESO A

3º ESO B

 

Semana do  8 ao 12 de xuño.

 Recollida de material e devolución de libros por parte do alumnado de 3º e 4º de EP.

Horas.

Luns 8

Martes 9

Mércores 10

Xoves 11

Venres 12

9:30  a 11:30 h

 

3ºA EP

4ºA EP

3ºA EP

4ºA EP

3ºA EP

4ºA EP

 

11:30 a 13:30 h

 

3ºB EP

4ºB EP

3ºB EP

4ºB EP

3ºB EP

4ºB EP

 

 Recollida do material por parte do alumnado de 1º e 2º de ESO, de tal xeito.

 Horas.

 

Luns 8

Martes 9

Mércores 10

Xoves 11

Venres 12

10:00  a 13:00 h

2º ESO A

2º ESO B

1º ESO A

1º ESO B

 

 

Semana do 15 ao 19 de xuño.

 Recollida do material por parte do alumnado de Infantil.

Horas.

Luns 15

Martes 16

Mércores 17

Xoves 18

Venres 19

9:30  a 11:30 h

 

4º EI

 

4º EI

6º EI A

 

6º EI A

 

11:30 a 13:30 h

 

5º EI

 

5º EI

 

6ºEI B

 

6ºEI B

 

 Recollida de material e devolución de ordenadores E-Dixgal (á espera de instrucións) do alumnado de 5º e 6º de EP.

 

Horas.

Luns 15

Martes 16

Mércores 17

Xoves 18

Venres 19

9:30  a 11:30 h

 

 

5ºA

6ºA

5ºA

6ºA

5ºA

6ºA

11:30 a 13:30 h

 

 

5ºB

6ºB

5ºB

6ºB

5ºB

6ºB

 


  

Powered by Drupal - Design by artinet