Confinamento

Neste terceiro trimestre dada a situación de confinamento creada pola pandemis do COVID-19 en EF quixemos fomentar e motivar ao noso alumnado para a realización de actividade física dentro da casa ou en espazos reducidos como xardíns, patios ou fincas dando así continuidade ao noso proxecto PDC-Xogade "Always Active in MOraña".

O obxectivo principal era conseguir mellorar a vida activa e saudable e que o alumnado afrontara as actividades propostas como algo lúdico e voluntario, e plantexámolas como actividades para momentos de dispersión e de entretenimento cos familiares. As actividades estaban vinculados ao acondicionamento físico, xogos, baile e a expresión corporal. Tiñamos 8 apartados que eran:

1.- PAUTAS XERAIS: Danse unhas pautas en relación coa importacia de manter dentro da casa unha actividade física constante e alimentación variada.

2.-QUECEMENTOS: Nocións básicas para realizar quecementos en espazos reducidos.

3.-A XOGAR: Explícanse xogos para realizar en espazos reducidos.

4.-SUPÉRATE A TI MESMO/A: Son RETOS con actividade física propostos polos profesores.

5.-COMPAÑEIROS ACTIVOS: Cada alumno/a proón retos e os seus compañeiros intentan facelos e comparten os vídeos dos xogos, retos, actividades físicas...pasando por un proceso de edición para facelos máis motivantes e atractivos.

6.-EU QUEDO NA CASSA: Iniciativa que xorde dun vídeo dunha alumna onde cunha canción do confinamento teñen que realizar unha pequena coreografía elaborándose unha montaxe final con partes de todos os vídeos recibidos.

7.-HAPPY ROCK: Creación dunha canción e un videoclip tendo como base a canción "We will rock you" do grupo Queen.

8.-ZUMBA TIME: Clases de zumba explicadas mediante vídeos para aprender unha coreografía sinxela.

9.-OPERACIÓN CUARENTENA: Proponse ao alumnado un enlace web con múltiples recursos con actividades físicas, xogos, bailes para que realicen ao longo do confinamento (tanto no interior coma no exterior).

GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR

Álbum: Sen categoría -> Confinamento

Powered by Drupal - Design by artinet