Procedemento de traballo durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial

Durante o período que dure a suspensión da actividade lectiva presencial, seguirase co traballo na aula virtual do centro (no caso de alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO) e no EVA E-Dixgal (para o alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º de ESO).

a) Alumnado de 1º a 4º de EP e de 3º e 4º de ESO.

No seguinte videotitorial  explícase como acceder á aula virtual do CPI Santa Lucía e o procedemento de traballo co material alí aloxado.

Os datos de acceso para o alumnado ESO son os seguintes:

Nome de usuario: será o nome completo e o primeiro apelido en minúsculas e sen tildes e ñ (ex: para Luis Pérez sería luisperez)

Contrasinal: 1234 (ao acceder por primeira vez a plataforma solicitará o seu cambio).

O alumnado de 1º a 4º de EP accederá como Convidado.

b) Alumnado de 5º e 6º de EP e de 1º e 2º ESO.

O acceso á plataforma E-dixgal farase do mesmo xeito que ata o de agora.

A estrutura de traballo será semanal (adaptándose as estruturas dos cursos xa creados) cunha metodoloxía análoga á da aula virtual (ver videotitorial do apartado a) no que se explica esta metodoloxía).

Todas as incidencias que xurdan en relación ao acceso á aula virtual do centro poderán enviarse á seguinte dirección de correo creada a tal efecto: incidenciascpisantalucia@gmail.com. Solucionaranse tan pronto como sexa posible.

Powered by Drupal - Design by artinet