Orientación

O martes 18 de febreiro o alumnado de 1º de ESO de "Afondamento da Educación Física" e todo o alumnado de 2º de ESO participaron na carreira Zonal de ORIENTACIÓN DEPORTIVA que se celebrou nas instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra, organizado polo Servizo Provincial de Deportes. Esta actividade forma parte do plan "XOGADE" no que o noso centro participa tamén nas modalidades de Campo a Través, Bádminton e Atletismo. Os rapaces e rapazas de Moraña disfrutaron deste deporte en plena natureza e aínda que lles custou completar o percorrido na hora que tiñan para desenvolvelo, traballaron arreo e  deron o mellor deles mesmos en equipo. NORABOA!!!!!!

Álbum: Curso 2019/2020 -> Orientación

Powered by Drupal - Design by artinet