Convocadas as Actividades formativas STEM en lingua inglesa STEMweek para o alumnado de 3º e 4 da ESO

Convocadas axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Estas actividades van dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o curso 2018/19.

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

 

Máis info en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27602

Powered by Drupal - Design by artinet