INFORMACIÓN SOBRE A FOLGA CONVOCADA PARA O VENRES 8 DE MARZO DE 2019.

Moraña, 7 de marzo de 2019

Estimadas familias:

A Confederación Intersindical (CI), o Sindicato Comisións de Base (CO.BAS), Alternativa Sindical de Trabajadores (AST), Intersindical de Aragón (IA), Sindicato Asambleario de Sanidade la Comunidad de Madrid (SAS), Sindicato Único de Trabajadores Solidaridad Obrera (SUTSO), a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF), a Confederación General del Trabrajo (CGT), a Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e o Sindicato de Oficios Varios daquela confederación en Vigo, a Unión General de Trabajadores (UGT), o Sindicato Nacional de Comisiones Obreras, a súas federacións de Enseñanza e Servicios y Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia (CC.OO.), a Unión Sindical Obrera (USO), a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato Labrego Galego, o Sindicato Ferroviario-Intersindical, a Confederación Intersindical Galega (CIG), Erguer Estudantes da Galiza, e o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), comunicaron diversas convocatorias de folga xeral para o día 8 de marzo de 2019, e que afectará a todas as actividades e centros de traballo, tanto de empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatuario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou na Administración Exterior.

Estando chamado á folga o persoal que traballa no noso centro, dende o equipo directivo lles informamos de que quedarán garantidos os servizos mínimos para a atención ao alumnado.

En canto ao alumnado, legal e tecnicamente non teñen dereito á folga, reservado aos traballadores/as, senón que unicamente teñen dereito de reunión os estudantes de 3º e 4º da ESO, que poderá adoptar decisións colectivas de inasistencia a clase. Para iso, deben avisar previamente á dirección do centro e non precisan de autorización dos seus pais ou titores legais. Segundo a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na súa Disposición derradeira primeira, Modificación da Lei orgánica Lei 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación (LODE): Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións en que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia á clase non terá a consideración de faltas de conduta nin será obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro.”

Unha vez teñamos constancia nesta dirección de que haxa alumnado do centro que decida non asistir a clase, comunicarémosllo aos seus titores legais. Este alumnado poderá quedar baixo a garda e custodia dos seus pais ou titores legais ou acudir ao centro educativo, pero tendo en conta que, de presentarse no centro, non poderá abandonar o recinto escolar. Habilitarase un espazo do centro para que este alumnado poidan exercer o seu dereito de reunión.

A dirección.

Powered by Drupal - Design by artinet