(09/03/2021)
ADMISIÓN BACHARELATO 2021.
As solicitudes de reserva e de admisión de alumnado realizaranse mediante a cumplimentación do formulario de admisión, o cal se pode cumplimentar na aplicación informática "admisionalumnado" (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.
- Entregarase unha única solicitude no centro elixido como primeira opción.
-
O alumnado solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (arquivo adxunto) (Formulario ED550B- ANEXO II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
- Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
-
Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
-
Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.
CALENDARIO DE ADMISIÓN.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos, o caso do CPI Ramón Piñeiro) |
|
1 a 20 de marzo |
Presentación da solicitude de admisión, según modelo normalizado (ANEXO II) no centro solicitado no primero lugar de preferencia. Recoméndase consultar a web do centro de preferencia. Do 1 ao 20 de marzo pódese obter a solicitude a través da aplicación web da Consellería de Educación "aplicación alumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) |
25 de marzo ao 5 de abril (a.i.) |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo. |
Antes do 25 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. A consultar no taboleiro do centro escollido. |
Nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as |
Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os. |
Antes do 15 de maio |
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas. |
|
Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados). |
FASE DE MATRICULA. |
|
25 de xuño a 1 de xullo |
Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO. |
1 a 10 de setembro |
Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO/BAC. |
Para calquer dúbida podedes achegarvos polo Departamento de Orientación.