NOTA INFORMATIVA.
(06-05-2020)
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
CALENDARIO:
SOLICITUDE DE ADMISIÓN (para alumnado procedente de centros distintos aos centros adscritos, o caso do CPI Ramón Piñeiro)
|
11 a 18 de maio
|
Solicitude de admisión mediante a presentación do ANEXO II (modelo ED550B, pódese atopar na web) no centro solicitado no primero lugar de preferencia.
|
ata 26 de maio
|
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.
|
Antes do 9 de xuño
|
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.
|
Nos 3 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación dos admitidos/as
|
Reclamación ás listases provisionais de admitidas/os.
|
Ata o 26 de xuño
|
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
|
Inspección Educativa
|
Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B).
|
FASE DE MATRICULA.
|
1 ao 10 de xullo
|
Formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.
|
1 a 10 de setembro
|
Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO/BAC.
|
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN:
As solicitudes de reserva e de admisión de alumnado realizaranse mediante a cumplimentación do formulario de admisión, o cal se pode cumplimentar na aplicación informática"admisionalumnado" (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou ser descargados e cumprimentados de forma manual polas familias.
- Entregarase unha única solicitude no centro elixido como primeira opción.
• O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (arquivo adxunto) (Formulario ED550B). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia. (Caso do alumnado de 4° ESO do CPI Ramón Piñeiro).
• Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#
• Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
• Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.