Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

TRABALLO BIOLOXÍA 1-10 XUÑO

Ola a todos e todas!

Espero que esteades ben.

Comeza o mes de xuño e estamos rematando as tarefas para este curso.

Por favor, non vos esquezades de entregar os traballos, especialmente se tedes a materia suspensa.

Ánimo!

Un saúdo.

TRABALLO BIOLOXÍA 18-30 MAIO

Ola a todos/as de novo.

Espero que esteades  ben.

Temos que seguir a traballar na casa. Lembrade que o curso non remata ata o 19 de xuño.

Déixovos traballo para a estas dúas  semanas  nos arquivos adxuntos. Deste xeito,  remataremos o mes de maio.

Lémbrovos que algúns de vós tedes traballos sen entregar.

Alumnos coa Bioloxía pendente de 1º ESO, tiñades traballo desde febreiro, por favor, intentade contactar comigo e ide entregando fichas.

Aos alumnos/as de 4º ESO sígovos pasando traballo de forma individual.

Moito ánimo.

Coidádevos moito.

Pilar 

TRABALLO BIOLOXÍA 5-15 MAIO

Bo día a todos e todas.

Espero que esteades ben.

Despois desta estraña ponte do un de maio, lembrade que o luns era día escollido polo noso centro, retomamos  a actividade lectiva.

Algúns de vós non entregastes traballos que tedes pendentes, por favor, non vos despistedes, especialmente  se tedes  algunha parte da materia suspensa.

Deixo traballo para primeiro e terceiro da ESO.

A os de cuarto da ESO xa vos estou  pasando traballo a todos/as de forma individual.

Para  1º ESO  HORTO ECOLÓXICO revisade traballo da semana anterior.

Coidádevos!

Un saúdo.

Pilar

ACTIVIDADES ATA REMATAR O MES DE ABRIL

Bo día!

Espero que siga todo ben.

Envío instrucións para rematar este mes de abril. A ratiños,  seguimos traballando a distancia.

Por favor, os que inda non vos puxestes en contacto comigo intentade facelo. cpi.pilar@gmail.com , necesito saber se estades tendo algún problema persoal, co ordenador, se non sabedes enviar os traballos...  especialmente se tedes algunha parte suspensa da materia.

MOI IMPORTANTE QUE CONTACTEDES COMIGO  OS ALUMNOS DE 2º e 4º da ESO COA MATERIA PENDENTE.

NOTA. O correo de Gmail ten un límite para mandar arquivos adxuntos , se queredes mandar moitas fotos xuntas, ás veces, pesan demasiado e  pode darvos problemas. Se enviades moitas, repartídeas en varios correos.

Moito ánimo!

Un saúdo.

ACTIVIDADES SEMANA 14-17 ABRIL

Bo día a todos/as.

Desexo que vos atopedes ben nestes difíciles momentos.

Estamos á espera da resolución do curso por parte da Administración, polo que de momento imos aproveitar para repasar e comunicarnos estes días, algúns inda non o fixestes.

Deixo traballo e instrucións para cada curso nos arquivos adxuntos.

Espero que poidamos vernos o antes posible.

Coidádevos moito e quedade na casa.

Pilar

 

 

TRABALLO DE BIOLOXÍA SEMANA 30 MARZO- 03 ABRIL

Ola a todos/as.

Espero que estedes ben.

Unha semana máis temos que seguir traballando desde a casa.

Nos arquivos adxuntos deixo traballo para todos os cursos.

Espero que nos vexamos pronto.

Pilar

 

SEGUIMOS A TRABALLAR NA SEGUNDA SEMANA DE CONFINAMENTO

Ola a todos/as

Espero que vos atopedes ben.

A tarefa máis importante para realizar estes días é a de coidarse moito e quedar na casa.

Non vos agobiedes polos exames, non sabemos cando será a avaliación. Ide rematando o traballo que vos mandei a semana pasada. Lembrade que nesta materia hai que adicar un tempo na casa ao estudo.

Tedes todos/as o meu correo, non dubidedes en utilizalo.

Aproveitade estes días para exercitar a paciencia, que é a nai da ciencia.

Ánimo!

Seguiremos en contacto.

Pilar

ACTIVIDADES DE BIOLOXÍA PARA ESTAS DÚAS SEMANAS

Bos días.

Deíxovos un  documento adxunto coas actividades para estes días de encerro forzoso.

Se esta situación se prolonga, esperemos que non sexa así, ireivos deixando máis traballo.

Para solucionar calquera dúbida deíxovos o meu enderezo electrónico.

cpi.pilar@gmail.com

Coidádevos moito

QUEDA NA CASA

Un saúdo

Pilar (Profesora de Bioloxía e Xeoloxía)

 

 

EXPOSICIÓN DOS ALUMNOS DE CULTURA CIENTÍFICA: OS PLÁSTICOS

 

OS ALUMNOS DE CULTURA CIENTÍFICA DE 4º ESO, DENTRO DAS ACTIVIDADES DO CLUB DE CIENCIA, REALIZARON UNHA EXPOSICIÓN DOS SEUS TRABALLOS, RELACIONADOS COA RECICLAXE DOS PLÁSTICOS E COA SÚA INCIDENCIA NO MEDIO NATURAL.

VISITA Á LAGOA DE SOBRADO DOS MONXES

No mes de outubro alumnos/as de 3º e 4º da ESO visitaron o mosteiro de Sobrado dos Monxes. Aproveitamos un fermoso día de outono para ver tamén  a lagoa , observar a súa flora e fauna, pasear arredor da mesma  e realizar estas  fermosas fotos.

Distribuir contenido


by Dr. Radut