Skip to Content

Orientación

APOSTAS DEPORTIVAS

CHARLA PREVENTIVA SOBRE APOSTAS DEPORTIVAS.

(02/04/2024)

 

O DSM V (Manual Diagnóstico e Estadístico dos Trastornos Mentais) diferencia entre adicións a sustancias (alcol, drogas...) e adicións sen substancia (ao xogo, póker, sexo, móbiles...). O que caracteriza de xeito común a unhas e outras é que son trastornos adicitivos e que como tales afectan de xeito significativo á vida da persoa. Un dos colectivos máis vulnerables ás adicións son os/as adolescentes. Así as cousas, unhas das liñas de traballo do Departamento de orientación dentro da Acción Titorial está dirixida a fomentar a educación da saúde, e, dentro desta área á prevención das adicións (tanto de sustancias como as adicións sen substancias). Neste senso, no día de hoxe e contando coa colaboración da Garda Civil dentro do programa Plan Director tivemos unha charla informativa para o alumnado de 3º e 4º da ESO que correu a cargo do especialista da Garda Civil Pablo Anido. Así algunhas das cuestións que se abordaron nesta sesión foron as características das apostas deportivas, a probabilidade de gañar nos xogos de azar, como están deseñados para xerar adición, as estafas que existen na Internet e que están dirixidas para os adolescentes...

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN CURSO 2024/25

BECAS MINISTERIO DE EDUCACIÓN CURSO 2024-25.

(2-04-2024)

Informamos que xa saíu publicada a convocatoria de becas MEC (Ministerio de Educación) de carácter xeral para o vindeiro curso 2024-25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (Bacharelato, FP básico, medio, superior…).

Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan becas de carácter xeral para o curso 2024/25 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Enlace a información sobre becas:

https://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2024/03/20240315-convocatoriabecas.html

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de marzo ao 10 de maio (ambos incluídos)

Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio debendo incluírse un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso, para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas, resolucións...); tamén deberán conservarse as chaves de acceso iniciais para que, en calquera momento, poidades entrar no voso expediente e consultalo.

 

 

Enlace á sede electrónica do Ministerio: 

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

 

INFORMACIÓN SALIENTABLE:

-O número de conta que poñades na beca ten que estar como titular ou cotitular o estudante.

-Despois de cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas...). Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos.

-A fase inicial adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo.

 

Para calquera dúbida podedes consultar no Departamento de orientación.

 

 

CHARLA ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS.

CHARLA ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS.

(19-03-2024)

Unha das funcións do Departamento de orientación é axudar ao crecemento educativo e persoal do alumnado, así como asesorar e colaborar no desenvolvemento transversal dos temas transversais. Un destes temas transversais é a educación para a saúde (educación sexual, prevención do consumo de sustancias e prevención de condutas aditivas). Neste último bloque, un problema que actualmente está a aparecer con frecuencia na infancia e a adolescencia é a adicción ás novas tecnoloxías e aos videoxogos. No día de hoxe o alumnado de 5° e 6° de eduación primaria e de 1° e 2° da ESO tiveron unha charla por parte dun especialista da Garda Civil (dentro do Plan director de formación a centros educativos) sobre a adicción aos videoxogos. Que mecanismos empregan os videoxogos actuais para que os adolescentes queden "enganchados"? cando son un adicto? cales son os síntomas dunha adicción? Foron algunhas das cuestións que xurdiron, así como informacións sorprendentes acerca do diñeiro que algunhas persoas chegaron a gastar en videoxogos on-line. Unha interesante formación que agardemos axude na prevención de condutas aditivas aos videoxogos.

 

CHARLA PREVENCIÓN DELITOS SEXUAIS E DELITOS DE ODIO

CHARLA PREVENCIÓN DE DELITOS SEXUAIS E DELITOS DE ODIO.

(19-03-2024)

O Departamento de orientación ten entre as súas funcións colaborar no crecemento persoal do alumnado (a nivel social, emocional…) e axudar no desenvolvemento dos denominados elementos transversais, como poden ser a educación para a convivencia e a educación para a saúde. En relación con estas dúas, e, contando coa colaboración da Garda Civil (dentro do Plan director de formación en centros educativos), o alumnado de 3° e 4° da ESO asistiu no día de hoxe a dúas charlas formativas. Por un lado, sobre para a prevención dos delitos de odio e por outra parte sobre a prevención de delitos sexuais.

Na primeira das charlas abordáronse temas como o racismo, a xenofobia, a homofobia, transfobia… o odio ao diferente. Tamén se analizou o que implican os delitos de odio (ao diferente) tanto a nivel penal e xudicial como a nivel persoal.

Na charla sobre delitos sexuais, que resultou moi interesante para o alumnado saíron cuestións como as agresións sexuais (que son, que implican para vítima e agresor, consecuencias penais para o agresor e psicolóxicas para a vítima, o papel de vítima e agresor nas agresións sexuais), o consumo de pornografía, a educación sexual, a sexualidade, o consentimento nas relacións sexuais e afectivas, as relacións sexuais sanas, que se entende por delitos sexuais, a difusión de imaxes doutras persoas, menores, etc.

Ben seguro que estas charlas proporcionaron ao noso alumnado unha unha información valiosa para entender mellor estas realidades e problemáticas sociais e lles axudarán a reflexionar ao respecto das mesmas.

 

CHARLA CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR.

(19-03-24)

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º da ESO tiveron no día de hoxe unha charla acerca da prevención do acoso escolar. Esta charla enmarcase dentro do Plan director da Garda Civil e forma parte dunha colaboración desta órgano co centro educativo. A finalidade é formar ao alumnado na prevención deste problema, dar pautas para a súa identificación-detección, así como para a súa solución no caso de exista algún caso. Algúns dos temas que xurdiron foron: que é acoso? que tipos de acoso hai? Quen é máis vulnerable? Como denuncialo? Todo dende un enfoque de tolerancia cero cara o acoso escolar que temos dende o centro educativo. Aproveitamos para lembrarvos que o centro dispón dun PUNTO LARANXA para denunciar ou comunicar calquera posible caso de acoso escolar. O podedes facer vía mail, na páxina web do centro) ou por escrito (no buzón fisico que hai xunto ao Departamento de orientación).

 

 

PROGRAMA "QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES"

ORIENTACIÓN PROFESIONAL LIBRE DE ESTEREOTIPOS.

(06-03-2024)

O CPI Ramón Piñeiro ven de ser admitido para participar no programa "Que non te líen, ti elixes", que ten como finalidade favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos, especialmente nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres. En definitiva, trátase de ofrecer dende o centro educativo unha igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na orientación profesional e vocacional, con especial atención ao incremento da presenza de alumnas en estudos do ámbito das ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas, así como nas ensinanzas de formación profesional con infrarrepresentación feminina. Con este fin realizaránse diferentes charlas no centro educativo dirixidas ao alumnado de 3º e 4º da ESO. 

 

 

ABERTO PERIODO ADMISIÓN PARA ALUMNADO INTERESADO EN CURSAR BACHARELATO NO CURSO 2024-25.

(1-03-2024)

Do día 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para que o alumnado de 4º de ESO faga a solicitude de admisión para os estudos de Bacharelato no vindeiro curso 2024-25.

A solicitude de admisión realízase na seguinte aplicación informática da Consellería de educación: admisionalumnado

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Nesta aplicación os proxenitores poden cubrir a solicitude e marcar os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren. A solicitude pode presentarse de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. 

Na propia aplicación é posible atopar manuais acerca do uso da aplicación informática, a fin de facer a solicitude correctamente (achego o manual en formato pdf).

 

 

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO QUE VAI CURSAR BACHARELATO OU FORMACION PROFESIONAL NO CURSO 2022-23.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO QUE CURSARÁ BACHARELATO OU FORMACION PROFESIONAL NO CURSO 2022-23.

(24-06-2022)

 

ALUMMADO QUE CURSARÁ BACHARELATO.

O alumnado que resultou admitido nalgúna centro de ensino para cursar o Bacharelato no curso 2022-23, ten que formalizar a matrícula no período establecido para o efecto.

Os prazos para formalizar a matrícula de Bacharelato é do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Debedes formalizar a matrícula no centro educativo no que estades admitidos (listas de admisión).

De non formalizar a matrícula, terase por decaído o dereito á praza obtida.

(Normativa: Orde do 12 de marzo de 2013).

 

 

ALUMNADO QUE CURSARÁ CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL.

 Para poder cursar un ciclo de FP o vindeiro curso debedes ter en conta o seguinte proceso:

1º.Facer a solicitude de admisión.

2º Comprobar que estades admitidos/as.

3º Formalizar a matrícula no ciclo no que estades admitidos/as.

 

Os prazos son os seguintes:

-Período de admisión: do 23 de xuño ata o 5 de xullo (13 horas).

O día 8 de xullo publicarase a lista provisional de admitidos, e o día 19 a lista definitiva.

 

-Período de matrícula: do 19 de xullo ata o 22 de xullo.

 

A solicitude de admisión hai que facela a través da aplicación da Consellería "ciclosadmision" (deixo enlace máis abaixo).

 

Achego un enlace onde tedes información detallada sobre os diferentes prazos:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37371

 

Achego enlace á aplicación da Consellería na que tedes que solicitar a admisión "ciclosadmision":

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/

 

Finalmente, achego enlace a vídeo tutorial sobre como crear unha solicitude de admisión para ciclos:

https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

 

 

 

 

 

AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO

AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO.

(19-05-2022)

 

O BOE publicou no día de onte (18-05-2022) a convocatoria de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Segundo a propia convocatoria, os beneficiarios destas axudas son "alumnado con necesidade específica de apoio educativo" (para máis información podedes consultar a convocatoria ou preguntar no departamento de orientación). A solicitude realizarase mediante a cumplimentación do formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou no link que se achega. O prazo de presentación de solicitudes comprende dende o día 19 de maio ata o 30 de setembro.

Para a solicitude:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1731

 

Para máis información:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS.

(22/04/2022)

 

A escola ten demostrado ser un contorno ideal para a posta en práctica de actuacións preventivas que eviten ou diminúan a probabilidade de aparición de problemas futuros (a nivel persoal e/ou social). Neste sentido, unha das finalidades da educación é a formación integral do alumnado, favorecendo o seu desenvolvemento cognitivo, afectivo, social e físico. A esta finalidade contribúen as áreas, pero tamén os denominados temas transversais, entre os que se atopa a "educación para a saúde";entendida como un proceso de formación da persoa enfocado a adquisición de coñecementos e hábitos que promovan a defensa da saúde individual e colectiva. Dentro da educación para a saúde, a prevención no consumo de drogas é unha das áreas de referencia no traballo con población adolescente. Unha das maneiras de desenvolver na práctica os contidos propios da educación para a sáude é acción titorial.

O Departamento de orientación, ten entre as súas funcións apoiar iniciativas e actuacións en relación coa acción titorial. Así as cousas, contado coa colaboración da da asociación "Bordón sarriao", desenvolveuse un obradoiro sobre a prevención do consumo de drogas, entre o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 3º e 4º da ESO. Durante estas charlas abordáronse temáticas como o tabaco, o alcol e os seus efectos na saúde. Unha das actividades que máis entusiasmou ao alumnado foi poder experimentar (cunhas gafas de recreación virtual) os efectos do alcohol sobre o equilibrio e as facultades mentais e físicas, instando a reflexionar sobre como pode afectar esta droga na conducción ou na nosa vida diaria.

O alumnado experimenta coas gafas de recreación virtual como inflúe estar "baixo os efectos do alcol" no equilibrio no clásico xogo de "rayuela". 

Distribuir contenido


by Dr. Radut