Skip to Content

Ed. Física

A EDUCACIÓN FÍSICA PARA MIN É...

Xa temos o video, moitas grazas a todos pola vosa colaboración!

(se alguén enviou video e non aparece... é posible que se se perdera no envío, na edición ou de outro xeito, contactade conmigo e solucionámolo sen problema). Espero que vos guste!

Enlace directo:

https://www.youtube.com/watch?v=LNvQ2DAKFkk&feature=youtu.be

ACTIVIDADES PARA ENVIAR:

 

 

3ª ULTIMA ACTIVIDADE PARA ENVIAR

No apartado para cada curso tedes as instrucións para facela.

Ánimo que é moi sinxela!!!

 

 

 

 

 

 

2ª ACTIVIDADE PARA ENVIAR.

Pensa nun dos xogos que fixemos durante o curso.

Fai unha ficha cós datos máis importantes do mesmo.

Esta é un exemplo, do xogo da tea de araña que tantas veces fixemos. Pensa noutro xogo e fai a túa, podes enviala ao meu correo no formato que queiras.

murasgeada@gmail.com

 

 

NOME: A TEA DE ARAÑA

 

XOGADORES: todo o grupo          DURACIÓN:5-8 min

MATERIAL:non é necesario           ESPAZO: toda a pista

CURSO: 1º e 2º EP                     

OBXECTIVO: quentamento xeral

 

DESENROLO:

Todo o grupo agardano fondo da pista, excepto un compañeiro/a que se queda na liña do medio campo. Ao escoitar o sinal todo o grupo ten que atravesar ata o outro fondo da pista. O xogador do medio, sen salirse da liña, ten que atrapar a todos os compañeiros. Se a araña te pilla... quedas no medio. O gañador é o último/a que quede.

DEBUXO:

NORMAS:

- non saír antes do sinal.

- a araña non pode avanzar nin retroceder, debe permanecer na liña do medio, nada máis pode moverse lateralmente.

- se un xogador non avanza faise unha conta atrás.

- o último/a será o/a que empece na seguinte partida.

 

VARIANTES:

cando hai demasiadas arañas no medio e é imposible atravesar, so se poderá pillar con unha man.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"PARA MIN EDUCACIÓN FÍSICA É..."

 

Tedes máis información do que hai que facer no voso curso.

Aínda hai tempo, data límite entrega 31 maio.

 

Xa teño varios vídeos, animádevos! Cantos máis haxa mellor quedará.

Se tedes problemas para o envío por correo electrónico:

- Probade a baixar a resolución do vídeo, ben volvéndoo gravar ou empregando algunha ferramenta de edición de video (hai moitas "on line").

- Facer o envío por dropbox, google drive, one drive ou plataformas semellantes.

- Comprimir o video antes do envío.

 

murasgeada@gmail.com

 

 

 

XA PODEDES SAÍR! 

 Estou vendo a diario no estado de alarma moitísimos nenos e nenas en bicicleta, cousa que me encanta como amante deste deporte.

Pero observo tamén que un elevado número deles non fan uso do casco protector.

http://www.dgt.es/images/BOE-020_Codigo_de_Trafico_y_Seguridad_Vial.pdf

O seu uso é obrigatorio para menores de 16 anos SEMPRE.

Xa non é polos 200 euros que tería que pagar de multa o voso pai/nai.

Unha mala caída en bici, aínda que sexa a baixa velocidade pode ter consecuencias catastróficas.

Por moi despacio, seguro ou hábil que sexas coa bicicleta sempre pode haber outros coches, peóns, animais ou calquera cousa que provoquen un accidente sen ter ti ningunha culpa.

Un saúdo!

 


 

LEMBRA: 1 hora e a 1 km. máximo da casa.

Como podo saber a distancia?

Pincha na localización da túa casa e xa está!

Podes facer actividade física (patinar, correr, brincar, lanzar...) usa casco se vas a pasear na bici ou a patíns; é obrigatorio.

NON PODES XOGAR CON OUTROS NENOS, só está permitido que o fagas con xente que conviva contigo.

Segue tendo moitísima precaución, nos hospitais e centros de saúde aínda teñen moito traballo, e o último que nos gustaría agora e ter que visitalos por un accidente.

 

Un sáudo.

Para calquera consulta/contacto:

murasgeada@gmail.com

Distribuir contenido


by Dr. Radut