Skip to Content

1º Ed. Primaria

Traballo para Semana Santa

Ola queridísimas alumnas e alumnos!!!!

Escríbovos unha vez mais para mandavos traballo para toda a Semana Santa, tedes case 10 días para facelos así que non vos asustedes.

Vai traballo de lengua, lingua, do proxecto da alimentación e vai tamén de mates un dominó que ides facer vos tedes que pegalo nunha cartulina antes de recortalos.

Pois deséxovos que pasedes unhas vacacións bonitas.

MOITOS, MOITOS BIQUIÑOSSSS

Vicky

Seguimos cos contos

Bos días meus queridos alumnos e alumnas, esperos que estedes ben e que disfrutedes destes días diferentes coas vosas familias. Eu estou desexando vervos de novo.

Mándovos uns contos para que os leades e tamén algo de mates.

Por certo díxome o profe Paco que entredes na páxina web do cole e no apartado de música que vos deixou algún traballiño para vos.

Unha aperta moi grande e moitos bicos.

Vicky.

 

 

 

Empezamos outra semana

Bo día, estades tod@s ben?????. Eu si e espero que vos tamén, seguimos a traballar para non olvidar todo o que aprendimos.

Moitos bicos para todos.

Vicky

Traballo fin de semana

Bo día rapazas e rapaces, como vades?, estades traballando un pouco, moi ben. Pois seguimos con mais materiais para non perder o tempo. Feliz fin de semana.

MOITOS BICOSSSSS

Seguimos

Bo día, como estades?, espero que ben eu estou ben. Sigo a enviarvos material para que lembredes todo o que fomos vendo, espero que sigades traballando con moitas ganas. 

Moitos bicos.
Vicky

Mais traballo

Bos días a todas e a todos!!!!!

Que tal estades?, espero que esteades todos ben, eu estou ben e con moitas ganas de vervos, pero aínda temos que esperar.

Mándovos algo para ler e tamén algo de mates, non olvidedes que é moi importante ler moito, tamén están a poñer en Clan todos os días de 9 a 10 da mañá contidos escolares para nenos de 6 a 8 anos, ou sexa vos, podedes ir vendo, hoxe vino eu, e é moi doado para vós, pero pode valer de repaso.

Un saúdo e unha aperta moi moi grande.

Vicky

Contos

Boa tarde, mando de novo, o conto en galego que non se podía descargar.

Un saúdo e boa finde a todos.

Vicky

Traballo para esta ponte

Ola, meus benqueridos alumnos e alumnas, envíovos un conto que conten 13 contos dunha soa folla, tedes que ir lendo de un en un. Podedes facelo no ordenador sen descargarlo ou imprimindoo e despois de cada conto tedes que completar unha ficha de lectura moi sinxela. 

Ademais envíovos material de matemáticas, e o panel tamén para facelas, se non tedes as decenas na casa, podedes empregar os tapóns das botellas de auga os grandes son as decenas e os pequenos as unidades.

Tamén vos mando unha pirámide dos alimentos, do proxecto que estamos a facer de hábitos saludábeis, tedes que colorear os alimentos, recortalos e pegalos no seu sitio, para iso vos mando unha de mostra.

Todo isto é para a ponte lembrade que mañá e festivo e o venres é ponte, polo que non me poñerei en contacto convosco ata o luns.

UNHA APERTA MOI GRANDE PARA TODA/OSSSSS

Clases online I

Bos días, imos a comunicarnos a través do mail, cos vosos pais e a través da páxina web con vos, tedes que ir facendo as fichas que vos irei mandando e lendo moito, non vos esquezades!!!!

Un bicazo moi grande para todas e para todos!!!!!

Vicky.

Distribuir contenido


by Dr. Radut