Skip to Content

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL: TOMAR UNHA DECISIÓN.

COMO TOMAR DECISIÓNS.

(28-04-2020)

 

O alumnado de 4ª da ESO estades nun momento importante da vosa vida: decidir que ides facer con ela (case nada!) Estades a piques de rematar a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria e debedes tomar unha decisión sobre o que ides a facer de agora en diante. Pode ser Bacharelato, Formación Profesional…

Agardo que teñades feito ese exercicio de introspección que sempre vos remarco: a importancia de coñecervos moi, moi ben. E procurar facer un exercicio de proxección sobre como vos vedes no futuro, en que vos vedes traballando ou como vos gustaría que fose a vosa vida. Xa sei que é difícil, que aos 16 anos a profundadide de coñecemento e as experiencias son limitadas; pero con todo e iso, debedes procurar facer ese esforzo. Ademáis tamén debedes coñecer o mellor posible o sistema educativo e o mundo laboral, ou alomenos, as profesións que vos atraen.

 

Unha vez feitas esas tarefas, chegamos ao último paso: tomar unha decisión.

Cando as decisións son fáciles (decidir entre xogar ou estudar: non hai debate!), non hai dúbidas. O conflicto aparece cando as decisións son difíciles e non sabemos que opción escoller. Para iso ás veces resulta útil, ter algunha estratexia, ou plan. Xa vos anticipo que non hai fórmulas máxicas para acertar coa decisión, pero sí hai estratexias que axudan a que as posibilidades de tomar a decisión acertada (ou que nos agrade) aumenten.

 

Déixovos un par de documentos para que coñezades mellor en que consiste o proceso de tomar unha decisión e que facer para tomar unha decisión coas maiores garantías de poder acertar. Propoñovos un modelo concreto que vos pode resultar moi útil cada vez que teñades que tomar unha decisión importante. Trátase do modelo DECIDES de Krumboltz e Hamel (Álvarez e outros, 1991) que consta dos seguintes pasos:

Definir o problema (o problema? Sí, cando un ten que tomar unha decisión difícil: ten un problema; que debe resolver).
Establecer un plan de acción.
Clarificar valores.
Identificar as alternativas existentes.

Describir os posibles resultados de cada alternativa.
Eliminar alternativas que non nos interesan.
Start- Comezar a acción. 

 

Lembrade que si tedes dúbidas ou necesitades axuda para tomar a decisión podedes contactar conmigo vía mail ou ter unha entrevista "virtual".

 

 

AdjuntoTamaño
TOMA DECISIONES.pdf2.6 MB
TOMA DECISIONES-2.pdf145.3 KB


book | by Dr. Radut