Skip to Content

COMO SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

(Decembro 2020)

Cando un alumno/a presenta dificultades no seu proceso educativo e/ou de ensino-aprendizaxe  pódense seguir unha serie de pasos:

PASO

ACCIÓN

AXENTE

ACTUACIÓNS

Detección de

dificultade

Profesorado,

Familia

Medidas de reforzo, valoración das competencias básicas, comunicación titor/a, e á familia

Persiste a dificultade. Reunión do equipo docente

Profesorado  e xefatura de estudos

Ampliación de medidas de reforzo, incluído apoio ordinario

Solicitude de asesoramento

Mestras de PT /AL ou orientador

Suxestións

Solicitude de intervención DO/ Demanda de avaliación psicopedagóxica

Profesorado,

Titor-a que detectou dificultade e/ou Familia

Documento derivación: Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.

 

No caso de que as dificultades persistan e de que as medidas adoptadas correspondentes aos pasos 1-3 non deran os resultados agardados, pódese solicitar a intervención do Departamento de orientación (paso 4°).

Tal e como recolle a normativa vixente (Artigo 34.3. do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade) "Os servizos de Orientación deberán deseñar e elaborar os correspondentes protocolos de demanda de avaliación psicopedagóxica. Os procedementos para esa demanda daranse a coñecer á comunidade educativa"

 

Conforme o establecido no Plan Xeral de Atención á Diversidade do Departamento de Orientación do CPI Ramón Piñeiro; o procedemento para solicitar a intervención/ avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación é o seguinte:

1) A persoa que fai a demanda (Titor/a ou Familia) porase en contacto co xefe do Departamento de Orientación e comunícalle o seu interese en que se lle realice unha avaliación psicopedagóxica ao alumno/a en cuestión.

2) A persoa solicitante (Titor/a ou Familia) cubrirá o Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.  Este cuestionario pódese opter por dúas vías: o proporciona o propio orientador ou descargándoo nesta web.

3) A familia do alumno (nai/pai ou titor/a legal) cubre e asina a Autorización de avaliación psicopedagóxica (anexa ao Cuestionario).

4) A persoa solicitante fai entrega ao xefe do Departamento de Orientación dos dous documentos (Cuestionario e Autorización da familia). Hai dúas opcións de entrega:

- Persoalmente ao xefe do Departamento de Orientación.

- Vía mail (escaneado): psicologiaypedagogia2@gmail.com

*NOTA: todos os documentos persoais do alumno/a (informes médicos, informes de servizos externos, etc) soamente serán aceptados si se entregan persoamente ao xefe do Departamento de Orientación ou na mail anteriormente referida.

 

 

 

 

 

 

AdjuntoTamaño
SOLICITUD EV.PSICOPEDAGOGICA.pdf85.8 KB


page | by Dr. Radut