Skip to Content

FOMENTAR A AUTOESTIMA EN NENOS/AS.

FOMENTAR A AUTOESTIMA EN NENOS E NENAS: RECOMENDACIÓNS PARA FAMILIAS.

(20-05-2020)

 

Algunhas recomendacións para mellorar a autoestima nos nenos/as.

 

Céntrate nos puntos fortes do teu fillo/a e non nos débiles. Anímao a facer aquilo que se lle dea ben sin sentir vergoña. Ademáis, axúdalle a identificar os seus puntos débiles e como melloralos. Facéndolle ver que TODOS temos puntos fortes e débiles.

 

Animar aos nenos a alcanzar o éxitoé bo. Pero, que é o éxito? Debemos facerlles ver que non sempre somos exitosos, facerlles entender que ás veces é normal non gañar, errar ou non conseguir o obxectivo que tiñamos marcado, xa que non todo esto baixo o noso control. Ensínalle a aceptar o fracaso e as equivacións. E sobre todo, ensínalle a compararse consigo mesmo! Nunca cos demáis.

 

Estimula ao teu fillo/a Aprender novas habilidades. Esto axuda a sentirnos valiosos. Ensínalle a teu fillo novas actividades, aínda que sexan sinxelas, xa que é unha forma de aumentar a súa autoestima e sentimento de valía.

 

Dalle o poder de elixir. Dalle a oportunidade de tomar decisións. Dar a oportunidade de tomar decisións conleva unha responsabilidade, asunción de riscos e axuda a madurar. Por iso é bo comezar con pequenas decisións (xoguetes, roupa…) e a medida que crece ir aumentando o nivel de responsabilidade nas decisións.

 

 

Permítelle que resolva os seus propios problemas.

Cando unha persoa resolve un problema (grande ou pequeno) sinte un certo grao de satisfacción. Por iso, cando o teu fillo/a teña un problema, non o resolvas por el/ela; axúdalle, dalle ferramentas pero non lle resolvas o problema.

 

Ensina aos teus fillos a coidar de sí mesmos e de outros (ao seu nivel loxicamente). Esto axudaralle a madurar e a interiorizar valores como o respeto polos demáis ou a solidariedade.

 

 

Animar e reforzar aos nenos/as é bo e axúdalles a desenvolver unha boa autoestima. Pero o exceso pode ser nocivo, xa que logo, o/a neno/a pode creer que é mellor do que realmente é, facer cousas para as que non está preparado nin maduro ou crerse superior aos demáis, adoptando unha actitude de soberbia desaconsellable de todo punto.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA MELLORAR A AUTOESTIMA NOS NENOS/AS NO FOGAR:

  • ENUMERA OS ÉXITOS NA TÚA VIDA: 

Unha forma adecuada de mellorar a autoestima dos nenos é recordarlles os seus logros.Con un papel e un lápiz, pídelle que faga unha lista cos logros que  conseguiu ata ese momento, deixando espacio para añadir máis despois. Para recordarlle o seu potencial podes pedirlle que escriba os logros obtidos cada día antes de ir  á cama. 

 

  • EXPERIENCIAS POSITIVAS: (con familiares e amigos)

Actividade grupal para realizar con familiares ou amigos con unha caixa e cartas. O grupo debe sentarse formando un círculo e cada membro debe ter unha carta. Despois, se pide a cada membro que escriba o seu nome nunha carta e que a introduzan na caixa. Logo mestúranse todas as cartas nunha caixa e cada un colle unha carta da caixa. Entón cada ún debe escribir algo positivo da persoa que sae na carta e pasala á persoa que está ao seu carón e así ata que todos teñan escrito algo bo do nome que aparece na carta. Posteriormente, métense de novo todas as caratas na caixa e a cada persoa dáselle a carta na que sae o seu nome e pídeselle que lea as cousas boas que os demáis puxeron sobre el ou el ou ela.

 

Dous vídeos sobre autoestima:

 

 



book | by Dr. Radut