Skip to Content

Excursións

O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO visitou a Illa de Ons

O mércores 12 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO viaxaron a Illa de Ons, incluída no Parque Natural Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Alí descubriron un espazo natural altamente protexido.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

Alumnado na Illa das Ons

A seguinte foto é con Palmira, 76 anos, a cociñeira que nos deu de comer en Casa Acuña, e mellor pulpeira de Galicia!

Foto do alumnado con Palmira: a mellor pulpeira de Galicia

Foto da placa acreditativa do nomeamento de Palmira como mellor pulpeira de Galicia

EXCURSIÓNS

 

Viaxe de fin de etapa a Tenerife do alumnado de 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO está a gozar dunha excursión a Tenerife con motivo do fin da súa etapa educativa no CPI Pecalama.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe, que se irán actualizando continuamente

Alumnado de 4º da ESO en Tenerife

EXCURSIÓNS

 

Excursión de1º e 3º da ESO a Barcelona

O alumnado de 1º e 3º da ESO está en Barcelona, gozando dunha magnífica excursión e experiencia cos compañeiros/as.

Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

Imaxe do alumnado e profesorado asistente á excursión a Barcelona Imaxe do alumnado asistente á excursión a Barcelona

EXCURSIÓNS

 

Excursión de 2º da ESO a Barcelona

O alumnado de 2º da ESO está a gozar dunha excursión cultural á cidade de Barcelona. Premendo na imaxe accédese a fotografías da viaxe.

 

Imaxe do alumnado e profesorado asistente á excursión diante da Sagrada Familia

E a continuación, un vídeo resumo do que foi esta fantástica excursión.

EXCURSIÓNS

 

Recepción do alcalde ao alumnado de 4º da ESO

O martes 19 de marzo o alcalde de Tordoia, D. Antonio Pereiro Liñares, recibiu ao alumnado de 4º da ESO no Salón de Plenos do concello, para interesarse polo seu futuro e anunciarlles a axuda económica coa que o consistorio contribuirá para a excursión de fin de curso.

Os alumnos e alumnas de 4º, así como o centro, agradecen a colaboración para a saída que porá fin aos seus estudos no CPI Pecalama.

Taboleiro dedicado a Rosalía de Castro na biblioteca

EXCURSIÓNS

 

Excursión de fin de curso 4º ESO - Tenerife

A semana do 17 ao 21 de maio o alumnado de 4º da ESO está gozando da viaxe de fin de curso (e de etapa) en Tenerife.

(Premendo na imaxe inferior poderase entrar a ver as fotos da excursión, que se irán actualizando a medida que se vaian recibindo)

 

Alumnado de 4º da ESO na viaxe de fin de curso a Tenerife

EXCURSIÓNS

 

Viaxe a Madrid - 2º e 3º da ESO

Os días 18, 19 e 20 de maio o alumnado de 2º e 3º da ESO está gozando dunha viaxe cultural en Madrid.

(Premendo na imaxe inferior poderase entrar a ver as fotos da excursión, que se irán actualizando a medida que se vaian recibindo)

 

Alumnado na viaxe a Madrid

EXCURSIÓNS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut