Skip to Content

Orientación

Fondo Libros

 

Becas NEAE

 

O CPI PECALAMA: ENTRE OS 20 CENTROS GALEGOS PARTICIPANTES NO PROXECTO VIAEDU

ViaEdu

O noso centro é un dos 20 seleccionados para participar nun programa piloto da Consellería de Cultura, Educación e Universidade consistente na aplicación dunha ferramenta en liña de orientación vocacional. Galicia é pioneira no estado español na implantación dun programa destas características, deseñado para axudar ao alumnado na toma de decisións académicas e profesionais de xeito complementario á labor que xa veñen desempeñando os departamentos de orientación.

 A toma de decisións sobre o futuro académico e profesional é un proceso complexo que require por parte do alumnado un alto grao de autocoñecemento e tamén contar con ampla información sobre as opcións dispoñibles. A través deste programa poderán percorrer este camiño de forma organizada e guiada sempre polo departamento de orientación.

Nun contexto complexo, onde 9 de cada 10 estudantes non saben que estudar, e onde 1 de cada 3 ten que rectificar o seu itinerario ou abandonar os estudos superiores elixidos, todo o apoio que se lles pode ofrecer é de especial relevancia.

O programa constará de varias etapas:

1. Realización dunha proba de orientación vocacional a través da plataforma Viaedu, desenvolvida por profesionais da psicoloxía e a pedagoxía (alumnado de 4º ESO). Mediante diferentes probas psicopedagóxicas e unha análise personalizada de cada estudante, ofreceranse unha serie de suxestións de estudos superiores (tanto de Formación Profesional como universitarios) relacionadas co seu perfil.

2. Resposta (con carácter voluntario) por parte das familias do alumnado de 4º ESO, a unhas breves preguntas para complementar a información facilitada polos seus fillos e fillas, o que permitirá que as suxestións de titulacións que se fagan teñan en conta as circunstancias familiares

3. Envío do informe de resultados. A orientadora estará en todo momento á súa disposición para a interpretación dos resultados e apoio na investigación das opcións educativas dispoñibles

PINGAS DE ORIENTACIÓN: un blogue de axuda ao alumnado

Premendo na imaxe accederedes ao blogue deseñado co fin de axudar ao alumnado no deseño do seu proxecto persoal, académico e profesional

 

Pingas de Orientación

Fondo solidario para libros de texto e axudas para material

Información sobre o fondo solidario de libros de texto e axudas para material.

Pica na imaxe para ter máis información:

Fondo solidario

BENESTAR EMOCIONAL DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Xuntamos. desta volta, un documento con reflexións, actuacións posibles e enlaces para realizar o acompañamento no coidado do benestar emocional na comunidade educativa, remitido dende os Equipos de Orientación Específicos da Comunidade.

Pica na imaxe para acceder ao documento:

Benestar emocional

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A ESO

POR FAVOR, BOTÁDELLE UNHA OLLADA Á SEGUINTE PRESENTACIÓN QUE VOS DARÁ INFORMACIÓN SOBRE A NOVA ETAPA NO PECALAMA:

A ESO

 

SE QUEREDES VER A PRESENTACIÓN EN GRANDE PICADE NA SEGUINTE IMAXE:

Enlace a Genially

 

Guía de axuda e conto para adaptarse mellor a esta etapa

Estimadas familias, comparto con vós algún novo recurso para axudar aos máis pequenos nesta (nova) etapa complexa. 

Neles, podedes atopar unha guía de axuda, da psicóloga Irene Bautista, e un conto de Carmen Esteban, coa que as familias poden enfrontarse á nova situación, respectando as reglas dun xeito fermoso e respectuoso coa idade dos nenos e nenas.

Niños a la calleEl oso goloso

RECURSOS PARA O LECER NO FOGAR

Guía de moito interese para disfrutar de actividades de lecer no fogar. 

Nela, atoparedes enlaces para facer recetas en familia, practicar deporte xuntos, e libros, películas, series, visitas virtuais a museos ou zonas de interese cultural, música e xogos, … en definitiva, un sinfín de actividades que farán os días máis interesantes!.

El ocio sigue en casa

CONTO DA ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE PARA COMPRENDER O MOMENTO ACTUAL

Nesta ocasión, queremos favervos chegar un conto para o noso alumnado de idades comprendidas entre 6 e 11 anos, que ten como obxectivo a lectura compartida cun adulto e a posterior reflexión sobre o que está a acontecer. O libro consegue responder ás dúbidas dos nenos e as nenas ante un cambio tan importante nas súas vidas.

O proxecto foi realizado polo Grupo de Referencia do Comité Permanente entre Organismos sobre Saúde Mental e Apoio Psicosocial en Situacións de Emerxencia (GR IASC SMAPS), coa participación da Organización Mundial da Saúde, Unicef , Acnur, Cruz Vermella Internacional e Save the Children.

 My hero

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

Compartimos, a través do Departamento de Orientación os seguintes materiais, que nos chegan dende o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co fin de contar cunhas recomendacións para a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado) para estas semanas tan excepcionais.

 Orientacións Colexio PsicoloxíaAxenda Adolescentes

Distribuir contido


by Dr. Radut