Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2017

Carlos Casares  Letras Galegas de 2017

A Academia destada a súa «calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado da súa obra», así como «un compromiso inequívoco coa lingua galega»


O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2017, segundo a decisión tomada onte en sesión plenaria pola Real Academia Galega (RAG). Casares impúxose coa maioría dos votos por diante doscandidatos Plácido Castro, Antonio Fernández Morales e Ricardo Carballo Calero. A súa candidatura fora impulsada polos académicos Luz Pozo Garza, Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Francisco Díaz-Fierros, Salvador García-Bodaño, Ramón Villares e Víctor Freixanes.
 
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, describiu a Carlos Casares coma «un grande da literatura hispánica do século XX» e subliñou que «no caso dunha literatura e unha lingua tan problemática coma a nosa, contar cun escritor, este ano, como Manuel María, e o que vén, como Casares, que son capaces de chegar mesmo a 'mares nunca dantes navegados' -como dicía Luís de Camões-, era moi importante»                                                                                       
Carlos Casares foi unha das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX               .



story | by Dr. Radut