Skip to Content

Lingua galega e literatura

LETRAS GALEGAS 2020

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.[

APUNTES DE LINGUA GALEGA E LITERATURA 4ºESO

APUNTES PARA 4º ESO

Lingua : sociolingüística

Sintaxe: esquema xeral das oracións

Literatura

Narrativa de posguerra

Teatro galego 

Esquema da literatura galega

LETRAS GALEGAS 2020

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo [Carvalho] Calero 

Ricardo Carballo Calero medrou en Ferrol, rematou o bacharelato na Coruña e en 1926 marchou estudar Dereito e Filosofía a Santiago de Compostela, onde mantivo unha intensa actividade intelectual e política: entrou axiña en contacto co galeguismo artellado arredor do Seminario de Estudos Galegos —do que chegou a ser secretario xeral— e cultivou un estreita relación con Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedrayo e outros mestres da Xeración Nós. Nesta etapa redactou un manifesto sobre a galeguización da universidade (subscrito, entre outros, por Álvaro Cunqueiro ou Francisco Fernández del Riego) e participou na fundación do Partido Galeguista e no proceso de redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia. Dos anos de mocidade son ademais as súas primeira obras literarias, os poemarios Vieiros (1931), o seu primeiro libro en galego, e O silenzo axionllado (1934).Participou na primeira xeira da Colección Grial e foi membro do consello de redacción e constante colaborador da revista Grial desde a súa saída en 1963 ata 1989, pouco antes do seu pasamento.En 1965 incorporouse como profesor interino á Universidade de Santiago de Compostela, da que foi o primeiro docente das materias de Lingua e Literatura Galegas, que se acababan de introducir como optativas nos programas universitarios; e en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas, posto do que se xubilou no ano 1980. Sigue lendo

 

 

 

 

 

Antón Fraguas, protagonista del Día das Letras Galegas de 2019

             

 

 

Sigue lendo

 

 

 

NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA

Actividades de lingua galega

espazoAbalar - Inicio                 

 

COÑECE O GALEGO Actividades para lingua galega

 

 

LETRAS GALEGAS 2018

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno Márquez

LETRAS GALEGAS 2017

Carlos Casares  Letras Galegas de 2017

A Academia destada a súa «calidade, a vocación abertamente comunicativa e o carácter variado da súa obra», así como «un compromiso inequívoco coa lingua galega»


O escritor Carlos Casares (Ourense, 1941-Nigrán, 2002) será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do 2017, segundo a decisión tomada onte en sesión plenaria pola Real Academia Galega (RAG). Casares impúxose coa maioría dos votos por diante doscandidatos Plácido Castro, Antonio Fernández Morales e Ricardo Carballo Calero. A súa candidatura fora impulsada polos académicos Luz Pozo Garza, Manuel Rivas, Fina Casalderrey, Francisco Díaz-Fierros, Salvador García-Bodaño, Ramón Villares e Víctor Freixanes.
 
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, describiu a Carlos Casares coma «un grande da literatura hispánica do século XX» e subliñou que «no caso dunha literatura e unha lingua tan problemática coma a nosa, contar cun escritor, este ano, como Manuel María, e o que vén, como Casares, que son capaces de chegar mesmo a 'mares nunca dantes navegados' -como dicía Luís de Camões-, era moi importante»                                                                                       
Carlos Casares foi unha das figuras máis renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX               .

LETRAS GALEGAS 2016

Relatos de Samaín 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut