Estimada comunidade educativa,

 

Informamos que  dende o 11 de xullo ata o 31 do mesmo mes, a atención ao público será das 10:00 da mañá ata a 13:00 do mediodía.

O mes de agosto o centro permanecerá pechado.

 

Un cordial saúdo

 

O Equipo Directivo

 

 

 

Estimadas familias,

 Informamos que por mor das mareas altas, as excursións de mañá (mércores 20 de xuño) de 1º e 2º da ESO que tiñan organizada a súa saída ás praias de Area Grande e Fedorento, serán trasladas á praia do Muiño.

 

Un saúdo cordial

 

O Equipo Directivo

O pasado luns tivo lugar no Auditorio, o acto tradicional de Non Perdas a Palabra. Para levalo a cabo, contamos coa colaboración de dúas alumnas de sexto de primaria que introduciron os vídeos e entrevistas de mulleres que colaboraron no proxecto da biblioteca Ella

Para finalizar a velada, un grupo composto por alumnado de quinto e sexto, e o profesor de música de primaria, tocaron unha versión dunha peza de música tradicional galega.

 

 

...chega a recompensa!

O pasado venres 15 de xuño, o voluntariado da Quinta dos Libros recibiu como premio pola súa axuda e boa disposición na organización da biblioteca e as súas actividades, unha xornada diferente e divertida nas Aceñas!

Preme na seguinte foto para ver o que fixeron.

O martes 12 de xuño, tivemos a inaguración oficial da nosa radio escolar, A Voz da Mata. A este acto acudiron diferentes persoas, entre elas...unha invitada de honor! Se queres saber máis información preme nas seguintes fotos (cada unha levarate a un artigo diferente).

        

   

Onte tivemos a xornada de acollida para o alumnado que cursará 1º da ESO a partir de setembro. Primeiro presentáronse os nenos e nenas que se incorporarán ao colexio, procedente doutros centros. Despois contamos cun grupo de alumnos/as que están na actualidade no primeiro ano da Secundaria para que lles contasen, de primeira man, a súa experiencia.

A segunda parte da xornada consistiu nun percorrido, en grupos, polo andar onde están situadas a maioría das aulas de Secundaria. Tamén visitamos o pavillón de deportes, a aula de Tecnoloxía, a aula de Plástica, a aula de apoio, o despacho de Orientación e por suposto, a radio.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.