FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2024/25
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
CURSO ESCOLAR 2024/25
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluidos).
FORMAS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
- Electrónica: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada alumno/a.
- Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.
- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.
DOCUMENTACIÓN
Anexo I (debidamente cuberto e coa documentación complementaria necesaria: copia do libro de familia, violencia de xénero...)
Anexo II (autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante)
Solicitude: Anexo I e II
Para consultar a Orde do DOG, preme AQUÍ.
_______________
Actualizado:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |