Estimadas familias,

 

Informamos que o vindeiro venres, 2 de novembro, non haberá clases.

 

Un cordial saúdo

 

O Equipo Directivo

 

O pasado 26 de Outubro os estudantes do último ciclo de EP e os da ESO

tivemos a sorte de acudir ao auditorio do Rosal para gozar do espectáculo

baseado no libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego.

Despois Cándido Pazó fixo unha interesante entrevista para A voz da Mata.

Deixamos aquí dous vídeos coas fotos do espectáculo e a entrevista para que recodedes esta xornada :-)

 

https://gopro.com/v/OWJJMRvygKKXK

https://gopro.com/v/1eKeqXQrE6DWb

 

 

 
 
 
Xa está todo listo para a semana máis terrorífica do ano no CPI...
 
 
Aquí vai un resumo do concurso de cabazas deste ano,... Estivo moi reñido!
https://youtu.be/9dVlvmna5U0
 
 Os gañadores do Concurso de relatos de terror da Radio son...

 

Estes días estamos recibindo a Sandra, a educadora do Concello que está impartindo en 2º y 3º da ESO os Obradoiros de Educación Sexual que tan bo resultado dan todos os anos.

Aquí tedes algunha foto dunha das súas visitas.

https://gopro.com/v/ZDzvgg0m40lV

SAÍDA A BRAGA DO ALUMNADO DE PLÁSTICA DE 4º DE ESO

O mércores, 17 de outubro o alumnado da materia de Plástica de 4º de ESO realizou unha visita a Braga para ver as exposicións de fotografía no marco dos “Encontros da imagem”, desenvolvidos na cidade desde o 21 de setembro ata o 28 de outubro.

A viaxe resultou moi interesante, xa que á parte de ver exposicións de artistas como Marcia Michael, Dani Pujalte ou Gloria Oyarzabal, realizaron un taller de cianotopía baseada na sensibilidade á luz das sales férricas. Conseguiron verdadeiras obras de arte!!!

No seguinte vídeo veredes o ben que resultou esta viaxe.

 

https://gopro.com/v/aMJ1yOwpW8vO

 

O vindeiro luns, 17 de setembro, terá lugar o acto de presentación para todo o alumnado da ESO ás 9:00 da mañá.

Esta presentación finalizará ás 11:00. O alumnado trasladarase aos seus domicilios a esa hora (haberá transporte escolar).

Bo comezo de curso!

 

O Equipo Directivo

O 12 de setembro comezarán as clases para Educación Primaria.

 

O 17 de setembro comezarán as clases para Educación Secundaria Obrigatoria.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.