ESTES DÍAS O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EP RECIBIU A VISITA DA DE DGT

E REALIZARON UNHA PRÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL NO PATIO ESCOLAR.

GOZARON DA XORNADA E APRENDERON O IMPORTANTE DE SER RESPONSABLES NA CONDUCCIÓN.

 

https://photos.app.goo.gl/khaPdD3HQ9K2hT3q6

 

https://photos.app.goo.gl/khaPdD3HQ9K2hT3q6

NORABOA AO ALUMNADO DE 3º ESO PMAR QUE GAÑOU UN PREMIO

POLO TRABALLO FEITO NA RADIO CO PODCAST OS CABAQUEIROS.

E DESDE AQUÍ QUEREMOS TAMÉN DAR A GRAZAS

A LOLI POR ESTAR AO FRENTE DA RADIO ESCOLAR,

FACENDO UN TRABALLO IMPECABLE :-)

 

Este pasado 30 de abril visitou o noso CPI o alumnado de 3º PMAR do IES de Arzúa, acompañados polas profesoras Xema Sanxurxo e Estrella Rodríguez.

Esta visita xurdiu a raíz dunha actividade académica, promovida polo EDNL, que consistía en que cada un dos dos nosos alumnos e das nosas alumnas se cartease con outro alumno ou alumna do IES de Arzúa. As cartas tiñan que ser manuscritas e enviadas por correo postal, ao estilo tradicional, o de toda a vida antes da chegada das novas tecnoloxías. Agora ben, a finalidade desta proposta non era só mellorarmos a expresión e comprensión en lingua galega, e potenciarmos o seu uso, senón tamén que a rapazada soubese doutra realidade cultural, lingüística e xeográfica allea á nosa e que, por suposto, se coñecesen en persoa para intercambiaren as súas experiencias.

 A xornada cos nosos convidados e convidadas, comezou cun percorrido polos muíños do Folón e do Picón, no Rosal.

Alí, Rafael fíxonos unha demostración da moenda no muíño da Laxe.

Ao rematar, era a hora de xantarmos e descansarmos.

Ás tres da tarde collemos rumbo cara ao monte de Santa Trega, no concello da Guarda, para visitarmos o castro, alén de contemplarmos a desembocadura do Miño

Volvemos ao CPI, porque xa se aproximaba a hora da despedida. Aínda así, tivemos tempo de gravar un programa na Voz da Mata cos alumnos do IES de Arzúa, Raúl e Mateo, acompañados de Martín, Paula, Marcos e Naiara. Podedes escoitar o faladoiro no podcast da Voz da Mata

(https://www.ivoox.com/faladoiro-3-pmar-o-rosal-3-pmar-audios-mp3_rf_3522...)

https://gopro.com/v/m050858XNdMWK

 

Onte o alumnado de 5º EP estiveron na Exposición “Rompe. Xoga en igualdade”

na Sala de exposicións do Concello. Aquí queda un video de recordo coas imaxes.

 

https://gopro.com/v/KRPQJLe8WZW8l

HOXE O ALUMNADO DE 4 EP PREPAROU UN BONITO CONTACONTOS PARA OS COMPAÑEIROS DE 3 ESO, CO MOTIVO DO DÍA DO LIBRO.

https://gopro.com/v/zPwLXqvX9V8NR

Os alumn@s de 1º ESO recibiron antes das vacacións a visita da Educadora do Concello, que lles imparte os Obradoiros de Educación Sexual. 

O DÍA 10 DE ABRIL OS RAPACES DE 1 E 2 DA ESO GOZARON DUNHA XORNADA EN VIGO.

ALÍ FOMOS AO CINE E PASAMOS UN RATO DE OCIO NO CENTRO COMERCIAL DE GRAN VÍA.

DESPOIS PARAMOS NO MOSTEIRO DE OIA.

 

IMAXES QUE QUEDARÁN PARA SEMPRE NA SÚA MEMORIA

AMSTERDAM

CASCAIS

Os alumn@s de 3º e 4º da ESO están repartidos pola xeografía europea

e mandan recordos para tod@s os compañeiros e para os pais.

 

Nestas fotos os recién chegados ao aeroporto de Amsterdam, en París, e no Castelo de Palmela (Portugal)

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.