Dende a nosa radio, A Voz da Mata, preparouse o festexo deste día coa elaboración de varios programas de radio a cargo de dous grupos de primaria. Os alumn@s e as profes, de 4ºA e 5ºA de primaria prepararon por un lado un programa de microrrelatos e por outro un programa de citas de persoeiros da radio. 

No recreo, proxectáronse e escoitáronse na nosa biblioteca.

 

Fixeron un grandísimo traballo!

 

Parabens! 

 

QUE PASEDES UN FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA RADIO!  

 

 

 

 

 

 

Como xa sabedes o pasado xoves foi San Valentín, data na que aproveitamos para estar máis agarimos@s coas persoas que queremos. No cole proxectamos na pantalla da entrada o programa de radio elaborado por alumnas de 4ºESO sobre como decirnos "Quérote" a través da ciencia. 
Ademais aproveitamos para facer un obradoiro no que elaboramos corazóns!
Aqui tedes as imaxes!
https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=KQr5-RGGVTE
 
 

 

 

 

Unha vez máis, temos que dar as grazas ao profesor Félix,

por seguir estando ao pé do canón co atletismo!

El aproveita para compartir con tod@s a experiencia no  

CAMPEONATO COMARCAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS.

 

   Se realizó en A Canosa (O Rosal) el 19 de Enero de 2019 con la participación de colegios y clubes del Baixomiño. Si queréis ver las clasificaciones individuales o de equipo y el vídeo de la competición entrar en WWW.agrudebam.es

 

FOTO I-FOTO IX.

   Equipo Campeón Cadete (Unai,Dani,Marcos,Alejandro y David). El 9 de Febrero en el Campionato Provincial en Chenlo (Porriño) quedaron en 6º lugar y primer colegio.

 

FOTO II.

   Dani, Subcampeón y 12º en el Provincial. Marcos, Bronce y luego entre los 20 primeros.

 

FOTO III -FOTO VIII.

   Tercer equipo y bronce en categoría Infantil femenino (Icía,Nerea,Carla,Claudia y Lara).

 

FOTO IV.

   Equipo infantil masculino (Dani, Khaled, Rubén, Nico y faltó Daniel por enfermedad) fueron cuartos.

 

FOTO V.

   Muy bien nuestras tres alevines Antía, Alba y Laura.

 

FOTO VI.

   Nuestras dos gemelas benjamines Antía (5ª) y Eva (10ª) estuvieron fantásticas.

 

FOTO VII.

   El equipo Alevín masculino quedó Subcampeón. Xavier M., Marcos, Borja y Xavi que subió al podio a recoger el Bronce y casi se clasifica para el Campionato Galego al quedar entre los diez primeros en el Provincial.

 

 

   ENHORABUENA  a todos porque lo habéis dado todo y con vuestro esfuerzo otra vez nuestro colegio ha subido al podio recibiendo trofeos y más que merecidos aplausos. Estamos orgullosos de vuestra entrega y dedicación. Seguir así.

O xoves día 31 de xaneiro, tivemos unha actividade fóra do horario escolar,
na que se proxectou para o alumnado de primaria a película "Sherlock Gnomes".
A sesión de cine resultou todo un exito, xa que acudiron 70 alumn@s.
 
https://www.youtube.com/watch?v=MNPF9DULaWI
 
O xoves, día 7 de febreiro, na nosa biblioteca haberá unha sesión de cine para o alumnado de Secundaria.

A película vai ser "Jurassic World 2",

película estadounidense de ciencia ficción e aventuras, estreada en 2018.
É a quinta entrega da saga de Parque Xurásico.
Seguro que terá moito éxito.
 
 
 

 

O xoves 24/1/19 algúns pais e nais tiveron a sorte de acudir ao visionado e coloquio da película Mandarinas,

actividade organizada por Loli e Merce.

Esperamos que a tod@s lles gustase a experiencia.

Grazas pola asistencia e os esperamos de novo!

 

 

Hoxe (23/1) os alumn@s de 2º ESO tiveron a sorte de asistir

ao Obradoiro teatral bilingüe de Charo Pita na Bilbioteca do centro.

É toda unha sorte que o teatro chegue ao cole!

Estes días temos a sorte de poder gozar no centro dun Planetario que está a percorrer distintos centros da Comunidade. Así, os nosos chicos poden imaxinar como é o mundo máis alá da Terra... ;-)

 

 

 

O venres 18 de Xaneiro tivemos a primeira xornada de formación externa da nosa radio. Nesta formación participaron 30 alumn@s da ESO. 
Estivo a cargo do xornalista Pablo Portabales que nos explicou como facer que un programa sexa interesante, os contidos  que debe ter en función do público ao que vaia destinado... 
Tamén fixemos prácticas de locución e oratoria co micrófono. 
Foi moi divertido!

 

 

A voz da mata

 

https://www.youtube.com/watch?v=nDX5vVwglqs

O 1 de Febreiro os alumnos de 3º e 4º da ESO acudiron á representación de La casa de Bernarda Alba no teatro Salesianos. Aproveitaremos para visitar tamén o museo Liste e ter un tempo de lecer na hora do almorzo.

 
 
   
 
Aquí van as fotos da xornada!

 

O pasado día 8 tivemos a sorte de ver no auditiorio a película Matria. Ademais 

escoitamos e interactuamos co cineasta Álvaro Gago, candidato aos Premio Goya.

 

Dende o CPI dexeamos que teña moita sorte!

 https://gopro.com/v/wEElqJXwZy03R

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.