Un NADAL... de cine.

Todo o colexio está a participar na decoración navideña deste ano :-)

Xa non queda nada para gozar das festas máis esperadas do ano...

Grazas por unha vida entregada ao ensino!

O pasado 4 de Decembro o alumnado de 1º e 2º de EP

plantaron unhas árbores para conmemorar simbolicamente o día da Discapacidade.

De agora en adiante queda coidalos, respectalos e velos medrar. Iso é tarefa de tod@s!

https://gopro.com/v/zPP86J9BB5NDd

O vindeiro martes, 4 de decembro, serán as eleccións sindicais.

A votación terá lugar na biblioteca de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 18:30.

 

O alumnado de 1º e 2º de EP tiveron nestes días un Obradoiro sobre Igualdade impartido por Angelina. Nel, aprenderon a borrar do noso vocabulario os estereotipos de cores, aprenderon tamén que os nenos poden ser fadas e as nenas heroinas e que todos choramos.

Aprenderon moito e pasárono fenomenal. Grazas, Angelina!

https://gopro.com/v/EDGdX68waga5e


O pasado venres 16 de Novembro celebramos no colexio o Magosto.

Foi unha divertida xornada de xogos populares coas castañas como protagonistas.

Un ano máis, debemos dar as grazas a Félix por ser o noso asador oficial,

e máis a Antonio, o profesor de Educación Física, que preparou uns xogos que tiveron moito éxito!

Aquí van dous videos co mellor da xornada.

https://gopro.com/v/pJqoPv8n2Xml9

https://gopro.com/v/o6D2a94VJ86nR

Estimadas familias:

Informámosvos que dende o vindeiro luns 19 de novembro ata o venres 30 do mesmo mes, terá lugar a campaña DALLE DE ALMORZAR A OUTRO NEN@ que consistirá na RECOLLIDA DE LEITE E CACAO para a Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño.

Animádevos a participar!

O equipo directivo.

 

Hoxe visitounos Iria Misa, escritora de Gondomar, licenciada en Filoloxía inglesa e profesora no IES San Paio de Tui.

Iria falounos dos libros que escribiu: Xa non estou aquí, Segredos no Solpor e "Mamá, quero ser Ziggy Stardust".

Contounos como se fixo escritora e os temas dos que trataban os seus libros, ademais animounos a ser escritores. Hai que ler moito e poñerse a escribir sen ningún medo.

Nos seus libros toca temas moi actuais e variados: a transexualidade, o misterio, amores novos...

Desde aquí queremos darlle as gracias a Iria pola súa visita e animarvos para que leades os seus libros.

Tamén lle fixemos unha entrevista na Voz da Mata, a nosa radio.

 

Moitas grazas, Iria, por visitarnos e contarnos as túas experiencias!!

https://gopro.com/v/2RMl8rBBD5145

Todo disposto para celebrar o mes da Ciencia en galego. 

Aquí tedes unha mostra das actividades que estamos facendo cos nen@s no colexio.

https://gopro.com/v/OWJBVZb8N5w9K

https://gopro.com/v/aRKnbypze9Mdg

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.