Hoxe, 23 de xaneiro, contaremos cunha charla-obradoiro dunha das expertas máis cualificadas en Galicia sobre altas capacidades, Carmen Pomar Tojo, titulada "O triángulo máxico das altas capacidades".

Terá lugar na BIBLIOTECA, de 17:00h a 19:00h.

No seo das reunións semanais do equipo de Orientación, no que participa profesorado específico do Departamento, así como representantes das dúas etapas educativas do CPI, xurdiu en diversas ocasións, e como resposta a casos concretos de alumnos e alumnas das nosas clases, a necesidade de procurar formación sobre este tema, e, de maneira especial sobre as respostas educativas que este alumnado precisa.

Por ese motivo decidimos, dende ese grupo de compañeiros, contactar cunha persoa especializada para aportarnos pautas teórico-prácticas.

Facemos este convite extensible a colegas doutros centros da contorna, así como a familias puntuais, que teñen fillos e fillas con estas características, e desexen aproveitar esta ocasión para recibir información de primeira man.

Dando resposta ao Decreto de atención á diversidade, agardamos que esta formación nos axude a todos/as a coñecer mellor as claves de intervención para atender as diferenzas do noso alumnado.

 

CARMEN POMAR é Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades, da Universidade de Santiago de Compostela.

Profesora de Educacion Emocional, intelixencia Emocional, Altas Capacidades, Creatividade e Psicoloxia da Educacion.

Investigadora do proxecto Talento 3.0. Fundación Barrie de la Maza.

Directora Educativa do proxecto QVO. Concello de A Coruña.

Directora do Equipo Técnico de ASAC Galicia.

O pasado martes foi un deses días que non se esquecerá no centro. Os máis novos aínda non son realmente conscientes da importancia da súa visita pero o día de mañá poderán apreciar e dicir que compartiron unha xornada co científico galego de maior proxección mundial, D. Ángel María Carracedo Álvarez.


A primeira parada tivo lugar na biblioteca. O doutor pasou ao laboratorio e foi sorprendido polos alumnos e alumnas de 4ºA de Primaria que realizaban unha experiencia de cromatografía. Entón foi cando lles comezou a explicar, coma se dun conto se tratase, en que consistía o seu traballo de xenetista e, ante o agrado de todos os asistentes, suxeriu realizar un experimento improvisado: a extracción de ADN dunha mazá e plátano.

Momento do experimento, ante a atenta mirada de Xosé Tomás Díaz, Olimpia Alcaraz e o alumnado de 4ºA.

                             

Representantes da Consellería e Concello , xunto co alumnado, escoitando a Carracedo.

Despois descubriu a placa do laboratorio, que desde o martes, leva o seu nome. 

Laboratorio "Ángel Carracedo"

 

 

 

 

 

A xornada tivo a segunda parada nun repleto Auditorio de O Rosal con membros de toda a comunidade educativa que non quixeron perder a oportunidade de escoitar a este brillante científico.

O alumnado de 4ºA de Primaria fixo un vídeo sobra a traxectoria do científico.

 

Momento da súa charla.

Falounos de diversos temas que pronto capataron o interese de todos os presentes:
Fixo un repaso pola súa vida, desde unha feliz infancia ata as súas últimas aportacións ao mundo da ciencia. Explicounos, eludindo todo tipo de palabras técnicas, como se creou a vida, o que era o xenoma humano, exemplos do que se pode conseguir co ADN, investigacións nas que participou, falounos do grupo de traballadores que ten... Incluso nos contou que, desde sempre, unha das súas grandes paixóns era o mar, ata o punto en que houbo un tempo no que se planteou ser fareiro... E aínda que non oriente as embarcacións, estamos seguros de que é e será o guía de moitas persoas que coma el teñen o gusto pola investigación.


Non quixemos perder a oportunidade de coñecer, a través de preguntas de representantes de pais/nais e alumn@s, aspectos das súa traxectoria profesional e as súas reflexións sobre o mundo da Educación. 

Os representantes de alumn@s, de paise nais,  xunto coa moderadora do coloquio, Dolores Sánchez.

E rematou a xornada como a el lle gusta... interactuando coa xente.


 "Se un ten ilusión, traballa e persegue os seus soños, sempre terá oportunidades na vida"

Ángel Carracedo

Diyan Vidal Rodríguez foi o mellor usuario 2017 da Biblioteca Municipal de O Rosal e por esa razón recibiu diploma e un libro.

Parabéns Diyan e que sigas lendo moito!

BB

CCCCC

Xa podedes ver o vídeo resumo do Festival de Nadal

O xoves 21 de decembro rematau o 1º Trimestre co

Festival de Nadal. 

As clases reanudaránse o luns, 8 de xaneiro.

En breve estarán na web as imaxes do festival.

FELICES FESTAS!!!!

O mércores 20 de decembro represouse de novo"Alis a través do espello",

a obra de teatro do curso pasado.

Preme na imaxe para ver a invitación ampliada.

 

 

 

 

 

O pasado 1 de decembro, os nenos e nenas de  primeiro e segundo de primaria visitaron as instalación da fábrica  A Rosaleira. Viron os pasos necesarios para enlatar grelos. Saíron moi satisfeitos ao poder aprender o proceso para a elaboración do produto.

Marcharon moi contentos para casa cunha lata cada un deles.

Chelo leva desde 1999 sendo limpadora do noso cole. Hoxe é o día da súa xubilación. 

No centro, organizouse unha pequena homenaxe na que os seus netos, Marcos e Rubén Guerreiro, alumnos de terceiro de EP e primeiro de ESO, leron un poema de Gloria Fuertes que se chama Quiquiriquí e fixéronlle entrega dun detalliño no nome da comunidade escolar cunha carta recoñecendo o seu traballo no centro.

Acompañaron o acto o alumando de terceiro da clase do seu neto, o seu home, unha representación do profesorado e do persoal non docente.

 

 

Entra en Normalización para ver como se traballou no centro contra a violencia machista.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.