CHARLA COLOQUIO SOBRE HIPERPARENTALIDADE

 

As ANPAs da MATA, o CRA María zambrano e a Escola Infantil do Rosal, organizan esta charla-coloquio.

Será a primeira dun ciclo de varias, de interese para todos os pais e nais e a que estades invitados/as a asistir.

DíA: Venres 24 de novembro

HORA: 20:00h

LUGAR: Polivalente de O Rosal. Rúa Cabaqueiros,4

 

"Como protexer sen sobreprotexer"

 

O noso centro foi seleccionado para participar na SEMANA STEM organizada pola Xunta de Galicia e que consiste na permanencia nunhas instalacións durante unha semana na que se fomenta o espírito científico, tecnoloxíco e matemático dunha forma lúdica.

Nestes intres, os nosos alumnos e alumnas de 6º de Primaria están alá, gozando coas actividades e coa convivencia, compartindo robots, circuitos, tubos de ensaio e un montón de experiencias e aprendizaxes inesquecibles.

Premendo na imaxe poderás acceder á páxina web da SEMANA STEM

Un ano máis, celebramos o magosto, con xogos, castañas asadas e como novidade... tamén con charanga de música!

Continuamos coas actividades do mes de Novembro. Hoxe visitaron a nosa biblioteca Andrea, Eva, Angelina e Moncho, integrantes do Colectivo Carballas. Elas foron alumnas do noso CPI e Moncho foi mestre no noso colexio e agora é mestre no CRA. Falaron dos estereotipos sexistas na sociedade actual, nos medios, na publicidade e como, desde pequenos estamos influenciados pola marca neno-nena asociada ás cores, aos xoguetes ou ao xeito de referirnos ás mulleres e aos homes. A actividade foi para o alumnado de 4º de ESO. Moitas grazas por visitar a nosa biblioteca e por facernos ver que entre todos e todas podemos cambiar a sociedade.

Estas son as cabazas gañadoras xunto aos seus creadores e creadoras.

Parabéns artistas!!!

 

 

 

Na entrada co CPI xa están expostas as cabazas do concurso

organizado polo Departamento de Inglés.

Inda non sabemos cales son os gañadores e gañadoras

pero todos e todas as participantes fixeron un traballo estupendo.

Parabéns!

Preme na imaxe para ver as actividades que se fixeron no Día da Biblioteca.

Preme na imaxe para ir á Biblioteca e ler máis.

A obra de teatro do curso 2016-2017:

No patio do recreo de primaria temos xogos novos. Preme para ler máis.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.