O noso centro foi seleccionado para participar na SEMANA STEM organizada pola Xunta de Galicia e que consiste na permanencia nunhas instalacións durante unha semana na que se fomenta o espírito científico, tecnoloxíco e matemático dunha forma lúdica.

Nestes intres, os nosos alumnos e alumnas de 6º de Primaria están alá, gozando coas actividades e coa convivencia, compartindo robots, circuitos, tubos de ensaio e un montón de experiencias e aprendizaxes inesquecibles.

Premendo na imaxe poderás acceder á páxina web da SEMANA STEM


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.