Skip to Content


 

Radio Mende

X EMISIÓN RADIO MENDE: CONCURSO PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O pasadso 15 de abril foi enviada a documentación e o correspondente arquivo de audio sobre a autora das Letras Galegas deste ano, Luísa Villalta, creado por un grupo do alumnado de 6º de E. Primaria e as súas familias, para participar no VI concurso de podcasts de Radio na Bilbio.

Premendo no arquivo adxunto poden escoitar este audio: "Un canto da vida de Luísa" con música de A BANDA DA LOBA ft Tomé Mouriño - Cruel filosofía (Luísa Villalta)

Grazas a todos os participantes

IX EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DO LIBRO 2024

O pasado día 23 de abril, co gallo da celebración do Día Internacional do Libro, Andrea Fernandez de 3º ESO A realizou a lectura dun capítulo das Aventuras de D. Quijote de la Mancha en directo. 

Deixamos aquí a correspondente gravación para que poidan volver escoitala, PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO

Grazas Andrea!!

 

BIBLIOTECA CREATIVA: FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

Este martes, 2 de abril, e para arrancar trimestre con novas aprendizaxes, o alumnado de 6º de E. P. e un grupo de 4º da ESO recibiu formación da man de Damián Alonso de Escolas...nas Ondas! para a creación de podcasts na nosa Radio na Biblio. 

Moitas aprendizaxes e unha gran experiencia que compartimos aquí cunha reportaxe e adxuntando o programa realizado nesta formación. A creación, imaxinación e improvisación do noso alumnado é realmente abraiante, así que aínda que un chisco longo, porque participaron todos por parellas e con temáticas diversas, merece a pena.

Ánimo rapazada e profesorado de Mende a seguir participando e creando podcasts.

E moitísimas grazas a Damián por tantas ideas e axudas, coas que agardamos mellorar moitos os nosos programas de Radio Mende.

Formación radio na biblio de Entre estrellas que iluminan

8ª EMISIÓN RADIO MENDE-8M

Durante esta semana todo o alumnado do centro estivo implicado na edición desta nova emisión de Radio Mende.

1º- Alumnado de Infantil e Primaria: “A muller máis importante para min”

2º- Alumnado da ESO: “Eu non quero ser princesa nin principe por..."

Premendo nos arquivos adxuntos poden escoitar estas emisións e le as respectivas escaletas.

7ª EMISIÓN RADIO MENDE-ROSALÍA DE CASTRO 2024

Nas últimas semanas un grupo do alumnado de Primaria estivo coñecendo a nosa escritora máis preciada, Rosalía de Castro, e hoxe no seu día, este grupo recita dende a Radio un dos seus poemas "Adiós ríos, adiós fontes". PARABÉNS!!

PARA ESCOITAR OU LER PREMER NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS

6º EMISIÓN RADIO MENDE-DÍA DA PAZ

5º PROGRAMA RADIO MENDE: RECEITAS SAUDABLES DE NADAL

A emisión do Programa de Nadal, levado a cabo o pasado 21 de decembro, foi realizado polo alumnado que asiste a sesións de Audición e Linguaxe coa Mestra María. 

Moitos Parabéns a este grupo pola súa creatividade tanto en expresión escrita como oral.

Para volver escoitar PREMER no arquivo adxunto.

 

 

 

4º PROGRAMA RADIO MENDE CURSO 2023-24: 25 N

A celebración dos Días Internacionais dannos a oportunidade de sensibilizar ao público en xeral sobre temas de gran interese, como os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde. Ao mesmo tempo, pretenden chamar a atención dos medios de comunicación e dos Gobernos para dar a coñecer problemas sen resolver que precisan de medidas políticas concretas.

A violencia contra a muller segue sendo un obstáculo para acadar a igualdade, o desenvolvemento, a paz, ao igual que o respecto dos dereitos humanos de mulleres e nenas. A promesa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de non deixar que ninguén se quede atrás, non poderá cumplirse sen poñer primeiro fin á violencia contra mulleres e nenas.

No Centro, esta semana, o alumnado estivo a realizar diferentes tarefas co fin de acadar estes obxectivos. 

Unha destas tarefas foi a gravación e edición deste programa de radio, realizada por dúas alumnas de 4º ESO C, e no que participaron membros de toda a Comunidade Educativa, con anacos de música da canción "Nais e Avoas" do álbum A Malfalada de Pauliña.

PARA ESCOITAR PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO

 

3º PROGRAMA RADIO MENDE: Magosto 2023

2º PROGRAMA RADIO MENDE CURSO 2023-2024: O SAMAÍN

Arrincamos emisión 1º Programa de Radio Mende coa primeira celebración deste curso 2023-2024, O Samaín.

Premendo no arquivo adxunto poden escoitalo


Distribuir contido


by Dr. Radut