Skip to Content


 

Primaria

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º E. PRIMARIA

e x c u r s i ó n de Entre estrellas que iluminan

CAMPAÑA COME LOCAL 2024

Come Local 24 de Entre estrellas que iluminan

2ª VISITA AO RÍO POLO ALUMNADO DE 5º E 6º E.PRIMARIA E O CORRESPONDENTE OBRADOIRO

O pasado mércores 10 e xoves 11 de abril, o alumnado de 5º e 6º E. Primaria realizou a 2ª visita ao río e o correspondente obradoiro no centro do Proxecto "Me gusta mi río" da Confederación Hidrográfica Miño-Sil a través de Babadiva Ambiental.

A continuación un resumo destas actividades:

2ª Visita ao río de Entre estrellas que iluminan

2º Obradoiro río de Entre estrellas que iluminan

PRESENTACIÓN INSTRUMENTOS POLO CONSERVATORIO

Este mércores 3 de abril, alumnado e profesorado do Conservatorio de Ourense acudiron ao centro para presentar ao alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria instrumentos sobre os que poderían recibir formación e así motivalos a matricularse.

Tamén facilitaron información sobre o XVII FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAISO, que se celebrará do 3 ao 12 de maio, con distintas actuacións en diferentes lugares da cidade, teatro principal, Liceo...Premendo na ligazón poderán atopar toda a información.

Grazas poe esta xornada

Conservatorio de Entre estrellas que iluminan

1º OBRADOIRO PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"

Este mércores 3 de abril, o alumnado de 5º e 6º E. P. realizou o obradoiro adiado de do 2º trimestre, do Proxecto "Me gusta mi río" levado a cabo por Babadiva de Educación ambiental impulsado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, para ensinar aos mozos a valora e cuidar os nosos ríos.

 

1º obradoiro do Proxecto: “Me gusta mi río” de Entre estrellas que iluminan

ACTIVIDADE 1º E 2º E. PRIMARIA SOBRE INCENDIOS FORESTAIS

O pasado 20 de marzo o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria da man de Inma Soto  e o seu conto Xela, a superheroína da aldea amosaron ao alumnado a importancia de coidar e valorar a natureza que nos rodea, o importante que son os bosques, todo o que agochan e todo o que podemos descubrir.

Tamén a importancia da vida na aldea, o cultivo da horta e a alimentación saudable e cociñada na casa en familia.

Todo isto axudará a que os nosos bosques se manteñan, medren e nos sigan ofrecendo toda esa maxia que Xela descobre cada día.

Unha nena de aldea e como evitar os incendios forestais de Entre estrellas que iluminan

FAMILIAS 4º DE E. PRIMARIA NA ESCOLA

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA: ROBÓTICA CON LEGOS PARA 3º CICLO PRIMARIA

O alumnado do 3º Ciclo de E. Primaria, o pasado martes 19 de marzo, participou en dúas sesión de formación en robótica, creando máquinas con legos a través de Robotix e a súa metodoloxía baseada nas 4 C's (connect, construct, contemplate, continue), dirixindo esta formación o seu director Manuel e a monitora Susana.

A continuación un resumo:

XORNADA FORMACIÓN de Entre estrellas que iluminan

PROXECTO "ME GUSTA MI RÍO"-1ª SAÍDA AO RÍO MIÑO

O pasado martes, día 12 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou a 1ª saída ao río Miño para comezar a súa aprendizaxe sobre o río, o seu entorno e o seu coidado.

A continuación unha mostra:

 

1ª saída ao río de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut