Skip to Content


 

INSCRIPCIÓN ANPA

A ANPA Mende davos a benvida a un novo curso.

Para poder seguir traballando polos nosos fillos/as precisamos seguir contando co voso apoio.

Para poder asociarvos este curso 2024/25 cubride o seguinte formulario ADXUNTO.

 

HORARIO COMEZO DE CURSO- SETEMBRO 2024

HORARIO COMEZO DE  CURSO- SETEMBRO 2024

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024/2025

 PUBLÍCASE:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos.

CALENDARIO ESCOLAR  CURSO 2024/2025

COMEDOR ESCOLAR CURSO 24/25

 

INSTRUCIÓNS COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/25

Tendo en conta a : INSTRUCIÓN 1/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL, DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025 , as familias que  queiran facer uso do comedor escolar para o vindeiro curso deben presentar na Secretaría do centro escolar os seguintes documentos asinados:

-ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS

-DOCUMENTO DE SOLICITUDE COMEDOR 

PRAZO DE PRESENTACIÓN :   ANTES DO 5/SETEMBRO/2024   

LUGAR: CENTRO ESCOLAR( Secretaría). Lembrarlles que no mes de agosto a Secretaría estará pechada.

Os documentos poden descargarse nos adxuntos.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2024/25

RECOMENDACIÓNS

É importante que teñan en conta as datas relacionadas coa compra dos libros e material. Respecto a este último informarlles que ao comezar o curso o titor/a de cada grupo  entregaralle ao alumnado un listado co que precisen mercar.

RESUMO CELEBRACIÓNS SEMANA FIN DE CURSO

Coma cada curso por estas datas, toca despedirnos ata setembro, e o mellor xeito de facelo e coas vosas celebracións, lembranzas e algúns traballiños, que servirán para comezar as vacacións cun tempiño de cine, as vosas creacións.

MOITOS PARABÉNS A TODAS E TODOS!! EXCELENTE TRABALLO!!

BOAS VACACIÓNS!!

Representación teatral 4º E.P de Entre estrellas que iluminan

INAUGURACIÓN DO PITEIRO de Entre estrellas que iluminan

Festa da Auga e a Escuma 2024 de Entre estrellas que iluminan

GRADUACIÓNS 2023-24 de Entre estrellas que iluminan

Lembranzas 6º E.P de Entre estrellas que iluminan

 

Cortos de terrror de Entre estrellas que iluminan

UNHA PEQUENA MOSTRA AUDIOVISUAL CON ROBOTS

Hoxe, no derradeiro día lectivo do curso 2023-24, achegamos unha mostra do traballo realizado polos grupos de alumnado de 4º, 5º e 6º E. P, que asisten á materia de Proxecto Competencial "Iniciación á ofimática e a robótica".

Primeiro un resumo dos pasos levados a cabo para realización da súa historia audiovisual con robots, de momento só o Making off da historia de 6º E. P. (as demais nos próximos días).

Logo a historia de 5º de E.P e para rematar o conto adaptado "A ratiña presumida" polo alumnado de 4º de E. P.

Boas vacacións e a seguir aprendendo de xeito divertido.

 

Making off Historia 6º E. P de Entre estrellas que iluminan

As (Des)esperanzas do Nadal de Entre estrellas que iluminan

UNHA HISTORIA DE NADAL- de Entre estrellas que iluminan

A Robotiña presumida de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA DERRADEIRA SEMANA DO CURSO 2023-24

Diseño de Entre estrellas que iluminan

ALUMNADO DE 5º E 6º E. PRIMARIA ASISTIRON AO II CONGRESO FIN DE PROXECTO: "ME GUSTA MI RÍO"

Onte, xoves día 13 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu ao II Congreso fin de Proxecto "Me gusta mi río", en Fonmiñá (A Pastoriza-Lugo) no Centro de Interpretación do Alto Miño, onde presentaron os seus proxectos xunto con outros dous coles e celebraron unha xornada de convivencia con xogos e visita guiada pola lagoa de Fonmiñá, e como remate de xornada  e xa no camiño de volta aínda visitaron o museo e fortaleza do Castro de Viladonga. 

A continuación a correspondente reportaxe: 

Fin de proxecto "Me gusta mi río" de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut