Skip to Content


 

Plan Educación Vial 2020-2021

VÍDEO DO CIRCUITO

CIRCUITO

 

 

Facemos un circuíto dentro do centro para os alumnos e as alumnas con NEAE, seguindo as normas do protocolo COVID.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DECÁLOGO

 

Elaboramos un decálogo con algunhas propostas para facilitar o desprazamento do alumnado con diversidade funcional polo centro.

O MEU CADERNO DO BUS

 

 

Preparamos un libro de comunicación alternativa (“O meu caderno do bus”) para o alumnado con diversidade funcional que utiliza o transporte adaptado para vir e marchar do centro educativo.

 

Amosamos algunhas fotos do proceso de elaboración e do resultado final.

 

 

 

 

 

 

 

 

MELLORA DA ACCESIBILIDADE AO CENTRO

 

Revisamos a existencia e o estado dos letreiros, os sinais, os pasos de peóns… para facilitar a accesibilidade de todo o alumnado ao noso centro educativo.

Atopamos algunhas deficiencias e facemos un escrito á policía local solicitando a reparación ou a instauración das actuacións precisas para a prevención de riscos innecesarios.

As medidas que solicitamos son as seguintes:

  •   A sinalización dun paso de peóns na entrada traseira do centro.

 

 

 

  •   A renovación da pintura do aparcadoiro reservado a persoas con mobilidade reducida situado na parte de atrás do colexio.

 

 

  •   A sinalización dun paso de peóns na segunda entrada habilitada este curso para o alumnado de infantil e primaria na parte dianteira do centro, xa que é un perigo que todos os días crucen a estrada por calquera sitio para poder acceder e saír do edificio escolar.

 

 

 

 

  •   A instalación de sinais de “perigo zona escolar” ou “paso de peóns” luminosos na entrada principal en ambos sentidos de circulación. 

 

 

          Exemplo de sinal luminoso:

 

PLAN EDUCACIÓN VIAL 2020-2021

 

O C.P.I. Plurilingüe José García García participa desde hai tempo no Plan Proxecta co programa “Mobilidade sostible e segura”. Este curso  continuamos co proxecto do ano anterior: “Apostando pola mobilidade segura do alumnado con diversidade funcional”.

 

Debido a isto, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro),  fixemos unha homenaxe ao alumnado con diversidade funcional que cada día se despraza polo centro de maneira segura, a través dun vídeo onde os propios nenos envían unha mensaxe: “Os nenos e as nenas de Mende movémonos con sentidiño”.

 

(PREMER ENRIBA) 

 

 

Na páxina da DXT aparece un pequeno artigo facendo referencia ao noso centro:

 

http://revista.dgt.es/es/noticias/nacional/2020/12DICIEMBRE/1203-Dia-Discapacidad.shtml#.X8dpkRP0nXQ

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut