Skip to Content


 

MELLORA DA ACCESIBILIDADE AO CENTRO

 

Revisamos a existencia e o estado dos letreiros, os sinais, os pasos de peóns… para facilitar a accesibilidade de todo o alumnado ao noso centro educativo.

Atopamos algunhas deficiencias e facemos un escrito á policía local solicitando a reparación ou a instauración das actuacións precisas para a prevención de riscos innecesarios.

As medidas que solicitamos son as seguintes:

  •   A sinalización dun paso de peóns na entrada traseira do centro.

 

 

 

  •   A renovación da pintura do aparcadoiro reservado a persoas con mobilidade reducida situado na parte de atrás do colexio.

 

 

  •   A sinalización dun paso de peóns na segunda entrada habilitada este curso para o alumnado de infantil e primaria na parte dianteira do centro, xa que é un perigo que todos os días crucen a estrada por calquera sitio para poder acceder e saír do edificio escolar.

 

 

 

 

  •   A instalación de sinais de “perigo zona escolar” ou “paso de peóns” luminosos na entrada principal en ambos sentidos de circulación. 

 

 

          Exemplo de sinal luminoso:

 



page | by Dr. Radut