Skip to Content


 

Radio Mende

RESULTADO DA PARTICIPACIÓN NO III CERTAME ESCOLAR INTERNACIONAL DE PODCAST XOSÉ MOSQUERA PÉREZ, "O VELLO DOS CONTOS"

O pasado día 10 de maio foi enviado un podcast sobre Xela Arias, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas, ao III Certame Escolar Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos", que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. 

O podcast enviado, "A desorde de Xela", foi elaborado e gravado por un grupo do alumnado de 6º de E.Primaria, con música de fondo "Olas del Sur" de David Minimalia, que deu a súa autorización; e segundo se pode ver na seguinte imaxe con enlace á acta do xurado, acadou premio finalista compartido con outros  de 65 podcasts presentados.

PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!!!

14ª EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DA POESÍA

Estamos de volta, cun chisquiño de retraso, mais como di o refrán, "Máis vale tarde ca nunca", chega a emisión de Radio Mende gravada co gallo da celebración do Día da Primavera e da Poesía cun grupo do alumnado de 4º de Primaria e a mestra de Música.

Que pasen un anaquiño agradable.

 

13ª EMISIÓN RADIO MENDE: 8 M

Hoxe celebrase unha data importante, dedicada a todas aquelas mulleres que cada día loitaron e loitan por unha sociedade libre e igualitaria, por unha sociedade onde  se respecte e valore a todas as persoas por igual, independentemente do seu xénero, raza, nacionalidade, grupo social, relixión ou ideoloxía.

Por iso un grupo de alumnas de Primaria crearon un mural representativo e outro grupo de alumnas da ESO prepararon a emisión de Radio Mende de hoxe.

 

12ª EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DE ROSALÍA

11ª EMISIÓN RADIO MENDE: VENRES DE ENTROIDO

10ª EMISIÓN RADIO MENDE: MÉRCORES DE ENTROIDO

9ª EMISIÓN RADIO MENDE: MARTES DE ENTROIDO

Un grupo do alumnado de 6º de E.Primaria estivo a buscar información sobre o Entroido e que vai compartir con todos ao longo da semana.

8ª EMISIÓN RADIO MENDE: HOMENAXE A SUSO JARES POLO DÍA DA PAZ

Un grupo do alumnado da ESO traballou o día da Paz homenaxeando á figura de Suso Jares, un heroe desta provincia que loitou por unha educación por e para a Paz, a través da resolución de conflitos, con ilustracións e unha entrevista a un bo amigo de Suso Jares, Manuel Bragado.

Aínda que esta emisión resultou un chisquiño longa merece a pena escoitala, imos aprender moito.

Grazas a Manolo Bragado polo seu tempo e por toda a información aportada sobre Suso Jares, que axudará a coñecelo un pouco máis e a procurar seguir as súas ensinanzas e o legado que nos deixou.

7ª EMISIÓN RADIO MENDE: DÍA DA PAZ 2021

Hoxe co gallo da celebración do Día da Paz realizouse a séptima emisión de Radio Mende cun formato de entrevista e un Manifesto pola Paz, coa participación dunha gran parte do alumnado do centro, en Homenaxe a Xesús Jares, figura importante na procura da Educación en e para a Paz, resolución de conflitos na escola e ademais moi próximo ao mundo docente e desta provincia. 

 

6ª EMISIÓN RADIO MENDE: "Aos Reis Magos non lle gustan os caramelos de menta"

Un grupo de membros da ANPA do Centro e as súas fillas e fillos argallaron representar a obra de teatro "Aos Reis Magos non lle gustan os caramelos de menta", por videoconferencia, que logo eles mesmos editaron co gallo da celebración das Festas do Nadal

Agora toca disfrutar nestes días deste fermoso e colaborativo traballo.

Como é un chisquiño longo, e co bo consello dos creadores, dado que a obra está dividida en tres actos pódese escoitar en tres veces.

PARABÉNS A ESTAS FAMILIAS, BO TRABALLO E GRAZAS POR COMPARTIR.

Distribuir contido


by Dr. Radut