Skip to Content


 

Radio Mende

RADIO MENDE: CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do Día de Rosalía, un grupo de alumnado de todas as etapas presentes no centro gravou esta edición. Grazas a todos eles pola súa participación e ao Equipo de Mende pola súa gravación e montaxe.

PREMER NO ARQUIVO ADXUNTO PARA ESCOITAR

DÍA INTERNACIONAL DA RADIO 2023 CO TEMA "Radio e Paz"

Proclamado en 2011 polos Estados Miembros da UNESCO e adoptado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional, o 13 de febreiro convertiuse no Día Mundial da Radio (DMR).

O tema da 12ª edición do Día Mundial da Radio, que se celebra hoxe, 13 de febreiro de 2023, é "Radio e Paz".

Esta é a razón pola que o apoio á radio independiente debe considerarse parte integrante da paz e a estabilidade. No Día Mundial da Radio 2023, a UNESCO destaca a radio independiente como pilar para a prevención de conflitos e a consolidación da paz.

Dende o Centro, para celebralo, compartimos hoxe a cuña radiofónica, realizada por un grupo do alumnado para publicitar o centro neste mes de Portas Abertas.

PREMENDO NO ARQUIVO ADXUNTO PODEN ESCOITALA.

6ª EMISIÓN RADIO MENDE: CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ

De novo un grupo do alumnado, seleccionado de cada etapa, realizou a gravación desta nova emisión co gallo da celebración de Mende pola Paz.

Premendo no arquivo pódese volver escoitar.

5ª EMISIÓN RADIO MENDE: PROGRAMA DE NADAL E ENTREVISTA AO APALPADOR

O último día do trimestre (22 de decembro de 2022) comezou coa 5ª Emisión de Radio Mende co programa de Nadal e entrevista ao noso Apalpador, na que participou alumnado de todas as etapas educativas do centro.

Grazas a todo o Equipo de Radio, ao noso Apalpador, por prestarse voluntario e buscar ocos para a gravación e ao alumnado por participante.

Premendo no documento adxunto poden volver escoitarla.

4ª EMISIÓN RADIO MENDE: 25 N

O pasado venres, día 25 de Novembro, en conmemoración do Día para a eliminación da violencia contra a muller, un grupo de membros do alumnado de cada etapa educativa do Centro gravou este programa colaborativo. Grazas a todos, alumnado e profesorado por buscar anaquiños de tempo para as gravación.

Premendo no arquivo adxunto podedes volver escoitalo.

3ª EMISIÓN RADIO MENDE 22-23: MAGOSTO

Hoxe, ás 11:30 horas emitiuse a 3ª Emisión de Radio Mende sobre o Magosto, un grupo do alumnado de 5º E. Primaria ( Valeria, Clara e Melisa) investigou sobre a súa orixe e outro grupo de 3º E. Primaria ( Antón, Mateo, Nare e Candela) fixo unha selección de refráns e adiviñas sobre esta festa e as castañas. A música engadida é do CEIP Antonio Fernández López de Sarria-Lugo "Vive o Magosto".

RADIO MENDE 2ª EMISIÓN CURSO 22-23: CONXURO E RELATOS DE TERROR

Hoxe achegamos a segunda emisión deste curso, co gallo da celebración do Samaín, nesta emisión participou alumnado de 5º E. Primaria co seu Conxuro para a apócema de Samín e nos relatos,  Melisa, Clara e Valeria de 5º de E. Primaria e Álvar e Martiño de 6º de E. Primaria.

RADIO MENDE 1ª EMISIÓN CURSO 2022-23

E chegou o día de poñer en marcha a nosa Radio, hoxe 1ª emisión Radio Mende. 

Coa ppresentación do curso, realizada por Melisa, Clara e Valeria de 5º de E.Primaria e voces de Antón, Mateo e Candela de 3º de E. Primaria e a presentación do Programa de Samaín por Antón e Clara de 5º de E. Primaria.

RADIO MENDE: DESPEDIDA CURSO 2021-2022

Onte á primeira hora, antes da festa Fin de Curso, realizouse a derradeira emisión de Radio Mende como despedida do curso 201-2022, na que o Equipo de Radio realizou unha entrevista a un dos seus futuros profesores e tamén nos agasallaron cantando.

Parabéns e moitas grazas!! O vindeiro curso moito máis!!

 

PREMIO I CONCURSO PODCASTS LA REGIÓN-RIBEIRA SACRA PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Este venres o alumnado de 4º de E. Primaria recolleu o seu premio de Podcast gañador na modalidade de Primaria, no I Concurso de Podcast convocado polo xornal La Región coa temática, "Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade". A primeira hora da mañá saíron en autobús cara o Mosteiro de Santa Cristina de Parada de Sil onde lles foi entregado o Diploma de gañadores da man das distintas autoridades, aos que, dirixidos pola súa titora, agasallaron cunha canción en defensa pola Ribeira Sacra e a lingua do "barallete". Logo foron ata Loureiro onde realizaron unha viaxe en catamarán polo Río Sil, ao remate disfrutaron dun pícnic en Luintra e xogos a cargo dos monitores para, xa pola tarde, regresar ao centro. 

Grazas tanto aos mestres que os acompañeron coma ás nais, que, coma sempre, colaboran e  participan nas actividades propostas. Parabéns a todos por un traballo ben feito e merecente de premio.

A continuación unha mostra resumo. 

RECOLLIDA PREMIO de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut