Skip to Content


 

RESULTADO SORTEO CESTA NADAL

O número premiado coa CESTA DE NADAL este ano foi o 438

O posuidor do número agraciado debe recoller a cesta dentro dos actos do Festival de Nadal que se celebrará o vindeiro mércores 21 ás 11:00 horas no Ximnasio do CPI José García.

SORTEO CESTA NADAL

O vindeiro venres 16 de Decembro, realizarase o sorteo da CESTA DE NADAL.

Aínda podes mercar as rifas ao alumnado de 4º de ESO.

FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro mércores 21, último dia de clase antes das Vacacións de Nadal, celebraremos no ximnasio do centro o Festival de Nadal, no que o alumnado de tódolos cursos de Infantil, Primaria e ESO nos deleitará con panxoliñas, bailes e representacións teatrais.

Con motivo destas celebracións e da organización do fin do trimestre, este mércores 21 o TRANSPORTE ESCOLAR sairá do centro ás 13:30 horas, e non haberá servizo de comedor.

1 DE NADAL: DIA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA SIDA


Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos/as unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación actual sobre o tema  e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos posibles afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 1

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 2

VIDEO

ALMORZOS SAUDABLES

O mércores 30 de Novembro, no comedor do CPI, o alumnado de 3º de Primaria particiará nun obradoiro organizado polo Concello de Ourense, no que aprenderán a realizar un almorzo saudable. Así mesmo,  coñecerán os seus beneficios e os perigos de non almorzar. 

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Durante esta semana temos no centro dúas exposicións de cogomelos nas que se poden apreciar algunhas das múltiples variedades da nosa Comunidade.


MAGOSTO 2011

O venres 18 celebramos a festa do Magosto no centro coa participación de todo o alumnado.


Fixemos Xogos Populares, Cancións e Xantar do Magosto.


Tedes as fotos na Galería.


25 de Novembro. Dia internacional contra a violencia de xénero

 


25 DE NOVEMBRO

DIA INTERNACIONAL CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración un ano máis do Dia Internacional da Violencia de Xénero, o Departamento de Orientación do centro súmase a este acontecemento aportando aos profesores/as e titores/as materiais didácticos relacionados con esta data que se poden ollar na  dirección web:EDUCAXÉNERO

MATERIAIS PREVENCION VIOLENCIA DE XÉNERO




O Samaín

O venres, día 28, celebramos no colexio o Samaín.


  


   

AUXILIARES DE CONVERSA

Informamos ás familias que a partires do luns 7 de novembro, contaremos no centro con dúas auxiliares de conversa, Phili e Amy, que farán o apoio das profesoras de Inglés.

Esto facilitará a aprendizaxe da lingua inglesa do alumnado tanto en infantil e primaria como en secundaria posto que terán a oportunidade de falar con dúas profesoras procedentes do Reino Unido.

Distribuir contido


by Dr. Radut