Skip to Content


 

A Trip to Britain

O mércores, día 21 de marzo, os alumnos de 3ºA e 3ºB, asistiron a unha charla en inglés na aula multimedia do noso centro. O título da charla foi “A Trip to Britain”. Cunha presentación moi didáctica, amena e interactiva, os alumnos demostraron e ampliaron os seus coñecementos sobre a cultura inglesa. Agradecemos á editorial Burlingtono seu patrocinio, aos alumnos a súa colaboración e ao relator, Nick, a súa espectacular presentaciónDesde o departamento de inglés desexamos poder repetir este tipo de experiencia no futuro.

         

ALLONS AU THÉÂTRE!

O alumnado de francés asistiu á súa segunda obra de teatro este curso. Nesta ocasión tocoulle o turno ao "Cyrano de Bergerac" de Rostand. Unha obra situada no seculo XIX que conta os amores de Roxanne e o seu namorado Christian, levados pola poesia de Cyrano, namorado á súa vez da dona pero demasiado condicionado por un desmesurado nariz pra declararlle o seu amor.

      

8 de MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    

CURSO DE FORMACION DO PROFESORADO: SISTEMA DE COMUNICACION ALTERNATIVO GRID 2

  

      

             CURSO INICIACIÓN    GRID 2


Profesores do Centro Público Integrado ”José García García” de Mende (Ourense) reciben formación especializada sobre Sistemas Alternativos de Comunicación de soporte informático a través dun grupo de traballo organizado polo Departamento de Orientación do Centro e coa colaboración do CFR (Centro de Formación do Profesorado) de Ourense e a Empresa BJ Adaptaciones de Barcelona.


Este curso céntrase na aprendizaxe do uso do Programa Grid 2, unha ferramenta dinámica informatizada  que permite comunicación alternativa á comunicación oral para persoas con algún tipo de dificultades da fala, Parálise Cerebral, etc.


Grid 2 permite o acceso ao ordenador mediante pantalla táctil, teclado, calquera tipo de rato, especialmente de cabeza ou mirada, e tamén mediante conmutadores. Este programa é, á sua vez unha excelente ferramente de acceso ao ordenador para o control de Windows e calquera aplicación. Permite tamén de forma integrada e simplificada o envío de e-mail, SMS, control de Skype, reproducción multimedia, navegación por Internet, control do entorno, etc.


O Grid 2 esta xa a ser utilizado por varios alumnos do centro como un sistema de comunicación alternativa.

 


Zona de Infantil

Contamos no Centro cunha zona cuberta adaptada e pechada para os máis pequenos. Ten un areeiro, unha zona de pavimento de caucho e unha zona de xogos, no que imos colocando diferentes elementos recreativos para o disfrute do alumnado de infantil nos tempos de lecer.

Esta zona foi decorada con murais e pinturas do prestixioso artista POLDRAS, profesor de Plástica do noso CPI.

   

OBRADOIRO "IMAXE CORPORAL E SEXUALIDADE" PARA ALUMN@S DE 3º DE ESO

Organizado polo Departamento de Orientación do centro vénse de celebrar un OBRADOIRO sobre  "IMAXE CORPORAL E SEXUALIDADE", impartido por Laura López, Técnica do Centro "Quérote +" da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Este Obradoiro diríxese aos estudantes de 3º da ESO e ten como obxectivo informar e asesorar ao alumnado deste centro sobre as relacións afectivo-sexuais na etapa da adolescencia e a imaxe corporal que rapaces e rapazas teñen do seu propio corpo nesta etapa tan fundamental para o seu desenvolvemento emocional futuro.





 

XORNADA PORTAS ABERTAS

O martes 27 de Febreiro, ás 20:30 horas temos unha xornada de portas abertas para as familias con fillos en idade de escolarización obrigatoria (entre os 3 e os 16 anos), na que terán a oportunidade  de coñecer o Centro, as instalacións e o noso Proxecto Educativo.

Será unha reunión coa Dirección nas mesmas instalacións do CPI José García.

OBRADOIRO "CONVIVINDO NAS REDES SOCIAIS" PARA ALUMNOS DE 2º DE ESO

OBRADOIRO DE "QUÉROTE + " : "CONVIVINDO NAS REDES SOCIAIS"

 

Organizado polo Departamento de Orientación do C.P.I. de Mende, e impartidos por Laura López, Técnica do Centro "Quérote +" da Area de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, tivo lugar o Xoves un obradoiro para @s alumn@s de 2º da ESO, titulado "Convivindo nas redes sociáis", onde se lles ensina a facer un uso correcto e responsable destas ferramentas, ligadas ás novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Estes Obradoiros forman parte do Plan de Acción Titorial para os alumn@s da ESO

 



RESULTADOS CONCURSO ENTROIDO

Os gañadores do Concurso de disfraces Entroido 2012 do CPI José García son:

Individual: Christian Romay Silva (Bombeiro)

Grupos: Infantil (Ladróns e Princesas)

O venres, no lecer, se lles entregarán os agasallos.

   

Mais fotos na GALERÍA

ALUMNOS DE 4º ESO VISITAN O IES 12 DE OCTUBRO E O CIFP PORTOVELLO

 

 

Os alumnos e alumnas do C.P.I."José García" visitaron hoxe o IES 12 de Octubro e o Centro Integrado de Formación Profesional Portovello de Ourense. Esta visita forma parte do Plan de Orientación Académica e Profesional do Centro e ten como obxectivo que as alumnas e alumnos de 4º da ESO coñezan as alternativas académicas e profesionais ao remate do ESO.

De seguido faise ligazón cas páxinas web de ambolosdous centros visitados.

IES 12 DE OCTUBRO

CENTRO INTEGRADO DE FP PORTOVELLO

 


Distribuir contido


by Dr. Radut