Skip to Content


 

EXCURSIÓN CULTURAL A NIÑODAGUIA

O alumnado do CPI José García de Mende, co departamento de Plástica, visitou o 11 de xaneiro, Niñodaguia, para facer unha visita aos fornos comunais da aldea, onde se cocían as vasixas, e ao museo que recolle como se traballaba o barro desde a súa estracción na barreira, ata a elaboración definitiva de cada cacharro. Coñeceron a exclusividade do barro amarelo da zona, e as formas particulares das pezas que se fan alí. Para rematar visitamos o taller en activo de Agustín, alfareiro que traballa tanto pezas orixinais da súa man, coma as tradicionais de todas as mans de Niñodaguia.

POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO 2011

A postal gañadora do certame do ano 2011 no CPI José García García de Mende - Ourense foi a realizada polo alumno de Educación Infantil Nacho Huizot.

O motivo deste ano era a conservación do medio ambiente e o xurado considerou esta como a mais axeitada:

VACACIÓNS DE NADAL

O mércores 21 de Decembro celebramos o Festival de Nadal, entregamos os boletíns coas calificacións da primeira avaliación e comezamos as vacacións de Nadal, adiantando a saída do transporte ás 13:30 horas.

Desexamos a toda a Comunidade Educativa un Bó Nadal e un Próspero Ano Novo.

Vémonos de novo o 9 de Xaneiro do 2012 co horario e a actividade lectiva habitual.

RESULTADO SORTEO CESTA NADAL

O número premiado coa CESTA DE NADAL este ano foi o 438

O posuidor do número agraciado debe recoller a cesta dentro dos actos do Festival de Nadal que se celebrará o vindeiro mércores 21 ás 11:00 horas no Ximnasio do CPI José García.

SORTEO CESTA NADAL

O vindeiro venres 16 de Decembro, realizarase o sorteo da CESTA DE NADAL.

Aínda podes mercar as rifas ao alumnado de 4º de ESO.

FESTIVAL DE NADAL

O vindeiro mércores 21, último dia de clase antes das Vacacións de Nadal, celebraremos no ximnasio do centro o Festival de Nadal, no que o alumnado de tódolos cursos de Infantil, Primaria e ESO nos deleitará con panxoliñas, bailes e representacións teatrais.

Con motivo destas celebracións e da organización do fin do trimestre, este mércores 21 o TRANSPORTE ESCOLAR sairá do centro ás 13:30 horas, e non haberá servizo de comedor.

1 DE NADAL: DIA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA SIDA


Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Este evento brinda a todos/as unha das oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación actual sobre o tema  e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos posibles afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 1

MATERIAIS PARA O PROFESORADO 2

VIDEO

ALMORZOS SAUDABLES

O mércores 30 de Novembro, no comedor do CPI, o alumnado de 3º de Primaria particiará nun obradoiro organizado polo Concello de Ourense, no que aprenderán a realizar un almorzo saudable. Así mesmo,  coñecerán os seus beneficios e os perigos de non almorzar. 

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Durante esta semana temos no centro dúas exposicións de cogomelos nas que se poden apreciar algunhas das múltiples variedades da nosa Comunidade.


MAGOSTO 2011

O venres 18 celebramos a festa do Magosto no centro coa participación de todo o alumnado.


Fixemos Xogos Populares, Cancións e Xantar do Magosto.


Tedes as fotos na Galería.


Distribuir contido


by Dr. Radut