Skip to Content


 

CAMPIÓNS PROVINCIAIS

O equipo alevín de Voleibol do CPI José García García quedou clasificado na primeira posición no Campionato Provincial.

Noraboa a todos

OBRADOIRO "VITALÍZATE" SOBRE DROGAS PARA ALUMN@S DE 4º DE ESO


Que sustancias se poden considerar drogas?, cales son os seus efectos?, que riscos entraña o seu uso?, por que se consumen? Existen poucos asuntos tan cheos de estereotipos e de prexuízos como o consumo de drogas. Pensamos que estamos ben informados pero na práctica a información que temos é moi limitada.

Cando somos mozos, ás veces non valoramos a relación entre as accións de hoxe e as consecuencias do mañá, sentímonos indestructibles e invulnerables. Isto pode dar lugar a decisións arriscadas que non só afectan á nosa saúde física senón tamén ás relacións coa nosa familia, coas amizades, coa parella, á nosa autoetima, a forma que temos de resolver as dificultades, etc.

Hoxe, venres, tivo lugar  no CPI “José García” de Mende, o derradeiro dos Obradoiros impartidos polo Centro “Querote máis” da Consellería  de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, nesta ocasión sobre o tema das drogas. O obradoiro estaba destinado as alumnas e alumnos de 4º da ESO baixo o título de “Vitalízate”. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

Pódese consultar no seguinte LIGAZÓN una guía sobre este tema:

http://www.pnsd.msc.es/Categoria2/publica/pdf/guiaDrogas.pdf

 


INTERCAMBIO LIBROS USADOS

Mañá Venres 6 de Maio, continuando coas actividades programadas co motivo da celebración do Día do Libro, haberá no Centro un intercambio de libros usados entre o alumnado, no que recibirá un vale por cada libro que  entregue, vale que poderá trocar por algún libro dos que trouxeron os seus compañeiros.

UN POEMA UNHA FLOR

Hoxe celebramos no Centro o Día do Libro coa actividade "Un poema unha flor", que consiste en que cada alumno que presente un poema recibirá unha flor.

Os poemas quedarán expostos nos taboleiros do Centro.

                                        

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "UN LIBRO UNHA FOTO"

Xa están no blog da Biblioteca as fotos do concurso "Un libro unha foto". Accede a elas e á resolución cos gañadores.

Horta educativa interxeneracional

"MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"

Hoxe mércores 27 de Abril, o alumnado de 6º de primaria tivo unha actividade de sensibilización da conservación dos ríos, que consistiu nunha charla e unha saída ao río Lonia na que fixeron prácticas de análise de augas, de identificación de flora e fauna e de detección de puntos negros na conservación do medio ambiente.

Todo esto se fixo gracias á colaboración da Cruz Vermella, ao Ministerio de Medio Ambiente e á Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.

A experiencia foi moi interesante para o alumnado.

Excursión 4º eso á Costa Brava

O alumnado de 4º de ESO está de excursión de fin de curso na Costa Brava, con visita a Port Aventura, Barcelona e saída en barco ao Parque Natural das Islas Medes.

A actividade se desenvolve entre o domingo 10 e o venres 15 de abril.

Xa están de volta despois dunha semana chea de actividade. Se prevé a súa chegada ao CPI ás 23:45 horas, lembramos ás familias que deben estar presentes para recoller ao alumnado.

OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE PARA ALUMNOS DE 3º ESO

Hoxe martes, tivo lugar o terceiro dos Obradoiros do Centro Quérote da Consellería de Traballo e Benestar. Neste caso  as alumnas e alumnos de 3º da ESO recibiron información sobre  Sexualidade e as distintas dimensións ou acepcións da mesma.

"Se hai algo sobre o que nos resulta particularmente difícil falar ás persoas é sobre os temas que encerran un certo contido sexual..."

A través de traballo en grupo as alumnas e alumnos reflexionaron e recibiron información  respecto deste tema.

A actividade foi coordinada polo Departamento de Orientación do centro

 

 


VOLVEMOS Ó CINE CON "CINENSINO"

HEROES

O Martes, 12 de marzo, imos de novo ao Auditorio Municipal de Ourense, cos alumnos e alumnas de 2º de ESO, a ver a terceira película programada por Cinensino para este curso, relacionada co módulo de  comportamento asertivo. Con ela remata o ciclo por este curso no que non poidemos disfrutar da segunda película que foi suspendida.

A película que veremos será Heroes, de Pau Freixas, recentemente estreada en España (2010).

Reseña da película:

Un novo publicista, cunha exitosa carreira profesional e unha vida persoal baleira, vese inmerso nunha viaxe a contrarreloxo para chegar puntual a unha importante reunión de negocios. Durante o traxecto coñece a unha moza que viaxa tan só cunha mochila, e coa que, a pesar das súas opostas maneiras de vivir a vida, conectará e acabará rememorando a época máis mítica e emotiva da súa infancia: o último verán que pasaron coa cuadrilla. Descubriremos quen foron de nenos, con que intensidade viviron o seu primeiro amor, a súa primeira aventura e como se sentiron heroes, cando loitaban por conseguir aquela cabana máxica que lles podía conceder todos os seus desexos. Esta viaxe ao pasado, aos seus antigos anhelos e motivacións, fará que o publicista se reformule da noite para a mañá a súa vida.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Orientación e Actividades Extraescolares.

Agradecemos á Concellería de Sanidade do Concello de Ourense a participación neste programa.

 


Distribuir contido


by Dr. Radut