Skip to Content


 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO

A Consellería de Educación acaba de convocar prazas para realizar actividades de formación  en linguas estranxeiras no ano 2011.

O prazo de presentación vai do 12 de marzo ao 11 de abril.

Toda a información aparece recollida na seguinte páxina web :

www.edu.xunta.es/axudasle

DÍA DA MULLER

Estamos a celebrar a semana da muller traballadora cos seguintes actos:

ENTROIDO 2011

O CPI celebrou o Entroido 2011 cun desfile de comparsas, que rematou con varias actuacións que fixeron as delicias do público.

Ao remate, concurso de disfraces e baile, onde tanto alumnado como pais, nais e profesorado pasaron un bo rato.

     

A actividade lectiva reanudarase o xoves 10 de marzo co horario normal.

XOVES DE COMADRES

O alumnado de primaria pasou un día soleado na Praza Maior de Ourense para celebrar o Xoves de Comadres:

               

Hai máis imaxes na galería

ENTROIDO 2011

O vindeiro Venres 4 de Marzo, celebramos no Centro a Festa do Entroido cos seguintes actos:

9:00 a 11:00 Clase normal en Infantil e Primaria.

9:00 A 11:30 Clase normal en Secundaria.

11:00  Infantil e Primaria: Degustación de productos típicos do Entroido galego.

11:55 Todo o alumnado entra nas súas aulas para disfrazarse.

12:15 Concentración na porta do ximnasio

12:30 DESFILE DE DISFRACES

12:45 Actuación das comparsas e presentación de disfraces ante o xurado

13:00 BAILE DE DISFRACES e confección de figuras de globoflexia.

13:15 Fin de Festa. Limpeza da zona da festa. Recollida de material.

13:30 SAÍDA DOS BUSES

ATENCIÓN Á HORA DE SAÍDA DOS BUSES 13:30

AVISO A PAIS E NAIS

O vindeiro martes 1 de Marzo, procederemos a donar a unha ONG a roupa do alumnado que temos acumulada porque se esqueceu e ninguén  veu a recollela.

Se botades en falta algunha prenda pasade por conserxería e revisade o baúl de roupa perdida antes de final de mes.

Gracias.

VISITA AO EASD ANTÓN FAILDE E Á EXPOSICIÓN DE GRAVADO NCG

O noso alumnado de 4º ESO visitou a Escola de Arte Antón Failde onde se informaron dalgunhas máis das posibilidades de saídas profesionais, cun atractivo engadido polo ambiente que se respira nas instalacións e os coñecementos que se imparten.

Como segunda parte da saída a outros lugares de interese da cidae, visitamos a Bienal de gravado que convoca Nova Caixa Galicia, co premio internacional Julio Prieto Nespereira. Alí podemos apreciar, tamén guiados por un especialista, obras da arte máis actual e con procedencia por todo o mundo. Serviu este enclave para presentar os outros lugares de divulgación cultural na cidade como son o Centro Cultural da Deputación ou o Museo Municipal, que non poidemos visitar e quedan para unha videira ocasión.

           

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O pasado  10 de Febreiro, o alumnado de 3º de ESO asistiu ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para disfrutar do concerto da Banda de Santiago, e visitaron o CGAC.

A Banda puxo en concerto B.S.O. como A máscara do Zorro de James Horner, Bailando con lobos do recén falecido, John Barry, Jurassic park de John Williams, Piratas do Caribe de Klaus Badelt ou a antiga O que o vento levou de Max Steiner. Esta música estivo acompañada das imaxes máis representativas das películas. Tralo concerto visitamos o CGAC onde o alumnado contemplou a exposición Transtempo de Cristina García Rodero onde se recollen máis de cen fotografías sobre as festas populares, o folclore, as celebración relixiosas e paganas de Galicia dende 1974 ata hoxe.

            

CONCURSO SMS DE AMOR

Coñece a Astronomía

O alumnado de 1º de ESO ven de realizar unha actividade na Aula da Natureza titulada Coñece a Astronomía que se trata precisamente dun acercamento ao estudo dos astros e aos seus instrumentos.

                             Acccede á WEB da Asociación Astonómica de Ourense

Distribuir contido


by Dr. Radut