Saltar navegación.
Inicio

LISTAXES DEFINITVAS DE ADMITIDOS/AS

Infórmase que están expostas as listaxes definitivas de admitidos/as para o curso 2024-2025, polo procedemento de admisión.

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Poden consultalas no taboleiro interior situado na zona de entrada  do centro, ou de forma telemática na aplicación de admisión. 

Deberán formalizar a matrícula presentando a documentación que se indicará, nas datas seguintes:

  • Infantil e Primaria (só alumnado de nova incorporación):  do 20 ao 30 de xuño de 2024.
  • Secundaria: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.

RESOLUCIÓN FONDO LIBROS.

Publicada o 10 de xullo, no taboleiro situado no interior da entrada do colexio, a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS (indicando o motivo de exclusión) de FondoLibros.

11 e 12 de xullo: presentación de reclamacións.

14 de xullo: listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lle correspondan. Estarán dispoñibles os vales para adquirir os libros de 1º e 2º de primaria e os cheques de material.

Os libros asignados serán entregados polos Titores/as nos cursos de Primaria e o Xefe de estudos nos cursos de secundaria a partir do 11 de setembro, data de inicio do novo curso.

LISTAXES DE LIBROS DE TEXTO DE INFANTIL, PRIMARIA E ESO

Ligazóns ás listaxes de libros de texto de Ed. Infantil, Primaria e Secundaria para o curso 2022/2023.

- Libros de texto de Ed. Infantil e Primaria.

- Libros de texto de ESO.

PRAZOS DE MATRÍCULA EN ED. INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA

O PRAZO DE MATRÍCULA para o alumnado que inicie estudos en ED. INFANTIL ou de nova incorporación ao centro en calquera dos cursos desta etapa, abrangue do 20 ao 30 de xuño.

O alumnado de Ed. Primaria que continúa estudos neste centro non precisa facer ningún trámite posto que ten a permanencia garantida. Só tería que matricularse aquel alumnado de nova incorporación a calquera dos cursos desta etapa. Neste último caso o prazo establecido é  tamén do 20 ao 30 de xuño.

O alumnado da etapa da ESO debe formalizar matrícula para cada un dos cursos. O prazo establecido é do 23 de xuño ao 7 de xullo

 

TÍTULOS DE GRADUADO EN ESO. CURSO 20/21

Están dipoñibles, na secretaría do centro, os TÍTULOS DA ESO do alumnado que rematou estas ensinanzas e  acadou o mencionado título no curso 2020/2021.

FESTA FIN DE CURSO. ANPA A SANTAIA

Despois do paro motivado pola Covid- 19 a ANPA A Santaia retoma o costume de despedir o curso escolar cun acto festivo. O domingo 18 de xuño, a partir das 11:00 horas, os alumnos e alumnas participantes nas actividades extraescolares organizadas durante o presente curso escolar realizarán unhas exhibicións diante das familias.

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Dossier elborado polo Dpto. de Orientación con información:

- Académico-profesional.

- Técnicas de Estudio

 

Distribuir contido