O alumnado de 3º de ESO realizou este luns a segunda sesión do programa Quérote +
Desta volta abordamos a sexualidade como un concepto integral, un continuo na vida das persoas que abarca non só o sexo biolóxico ou a erótica, senón tamén a afectividade e a identidade.
Aprendemos xuntas a través do traballo colaborativo, primeiro en parellas e en pequenos grupos despois, partindo dun torbellino de ideas individual inicial. E para rematar visionamos unha simpática curtametraxe (The Gift) para a reflexión.