QUÉROTE + . COMEZO DO PROGRAMA AFECTIVO SEXUAL CON 3º ESO

alumnado de 3º da ESO participa este curso no Programa Quérote + de educación afectivo sexual pertencente ao Plan Proxecta.

Este luns coñeceron da man da orientadora os  obxectivos, contidos e finalidade deste programa que se  desenvolverá ao longo de todo o curso de forma transversal a través de diferentes materias dende as que se abordarán, entre outros contidos, a diferencia entre identidade e orientación sexual, as influenzas negativas da idea do amor romántico e das redes sociais na construcción da identidade sexual, así como a prevención de enfermidades de transmisión sexual.

A súa finalidade é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.

Tamén coñeceron a ubicación en Lugo do centro Quérote, onde poden  solicitar asesoramento afectivo sexual presencial ou consultar dúbidas a través das canles de wasap, telegram ou en liña a través da súa web. 

Familias, velaí tedes unha presentación do Programa.

Quérote+

As Unidades didácticas que vaiamos desenvolvendo iranse aloxando na Aula Virutal, e o alumnado poderá  acceder a elas en calquera momento.

Ao rematar o curso, o grupo de 3º compartirá o aprendido co alumnado de 2º de ESO, xa que na adolescencia o grupo de iguais con maior idade, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos dos que gostan seguir.

 Aquí tedes un enlace con máis información sobre este programa pertencente ao Plan Proxecta 

 

Powered by Drupal - Design by artinet