[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07

Datos Xerais

HISTORIA DO NOSO CENTRO EDUCATIVO

O centro, como colexio de E.X.B. inaugurouse no ano 1974, onde estaban as aulas de 1º a 8º de E.X.B. e o comedor escolar.

No ano 1999 engadíuselle outro edificio onde actualmente están as dependencias administrativas, a sala de profesores, ximnasio, as aulas específicas e a biblioteca.

Asemade, un edificio anexo, practicamente integrado no principal, alberga as aulas de infantil, a de apoio a alumnos de primaria con dificultades e a de audición e linguaxe.

A carón dos edificios hai unha pista de tenis, inaugurada a finais dos anos 70, un patio de randeeiras e xogos infantís, dous patios de xogos con porterías de fútbol-sala e canastras de baloncesto e unha pista de balonvolea.

No edificio próximo está o polideportivo municipal, que utilizan os alumnos do colexio en horario lectivo, e unha pista descuberta con duchas, vestiarios e xardín, que funciona en época estival.

O recinto escolar está totalmente pechado cun aramado. O acceso está protexido por un portón automático con vídeo-porteiro para a entrada de vehículos e un portal peonil, tamén automatizado.

 

Selecciona:

Horario do centro

HORARIO

Clases

Infantil e Primaria: 9:10h -14:10h.

ESO:

Luns, martes, mércores e xoves: 9:10h -15:05h.

Venres: de 9:10h a 14:50h.

 

Comedor

Infantil e Primaria: 14:10h-14:50h.

ESO: 15:05h- 15:40 h.

Transporte

 15:40 h.

 

 

Logotipo do CPI Cernadas de Castro

O deseño do logotipo do noso centro educativo está inspirado en Diego Antonio Cernadas de Castro, quen lle dá nome a este CPI, polo seu labor como cura de Fruíme, pero sobre todo porque foi un grande defensor da cultura, do pobo e da lingua galega nas obras tanto en prosa como en verso, e tanto en galego como castelán.

Concurso de deseño de logotipo

 No mes de maio de 2016 déronse a coñecer os gañadores do Concurso de Deseño de Logotipo para o CPI Cernadas de Castro.

 As votacións do xurado deron como resultado que os traballos merecedores dos premios fosen os que seguen:

 - 3º Premio: Pablo Rodríguez Freire, de 4º A de ESO

 - 2º Premio: Alicia Mariño Domínguez, de 6ºA de Primaria

 - 1º Premio: Claudia Figueira Caamaño, de 4º A de ESO

 Así pois, o CPI Cernadas de Castro adoptará o traballo gañador como imaxe que representa ao centro educativo e irá incorporándoa progresivamente en todos os ámbitos e soportes que se estimen necesarios.

Fai clic na primeira imaxe para acceder á galería de fotos da entrega de premios.

Fai clic na segunda imaxe para acceder á galería de fotos da exposición de logos.

 

LOCALIZACIÓN

O noso centro está no lugar da Silva, no concello de Lousame, dentro da comarca de Noia, ao sur da provincia da Coruña.

O termo municipal de Lousame creouse 1836 con parroquias pertencentes ás antigas xurisdicións de Toxosoutos e de Noia, da provincia de Santiago. O seu nome tomouse do da parroquia onde se estableceu a casa consistorial e non coincide co de ningún núcleo de poboación. A capital municipal é Portobravo. O nome está amplamente atestado desde o século XII na colección documental do mosteiro de Toxosoutos: sancto Iohanne de Lausame, ano 1115; sancti Johannis Babtiste de Lausame, 1144; Lausamia, 1175; in territorio Pistomarchos sub aula sancti Johannis de Lausame, 1186; in villa Lausamia et in villa Cees sub signo sancti Johanni de Lousamia, 1198. O topónimo é un derivado colectivo de lousa, no seu sentido máis xenérico ‘lastra de pedra’, con orixe nun termo prerromano lausa, probablemente céltico, aquí co valor colectivo de ‘lugar abundante nesa clase de pedra’.  (Recollido de "Os nomes dos concellos da provincia da Coruña" - Real Academia Galega)

A Silva, s/n, 15214-Lousame

Teléfono: 881 866 801

Fax: 881 866 809

cpi.cernadas.castro@edu.xunta.es

 

 

A nosa localización exacta pódese ver nos seguintes mapas:

Mapa 1: Localización do CPI en Google Maps

Mapa 2:accesos recomendados para chegar ao centro

 

Mapa 3: fotografía aérea do C.P.I.

As instalacións do CPI Cernadas de Castro

O edificio con planta baixa e 1º andar consta de dúas partes. A máis antiga foi construída no ano 1974 e nela están as aulas de primaria, de secundaria e o comedor. Na outra parte, construída no 1999, están as dependencias administrativas, a sala de profesores, o ximnasio, as aulas específicas e a biblioteca.

O centro ten rampas de acceso, tanto no exterior coma no interior, e un ascensor, paliando así as barreiras arquitectónicas.

Distribuir contido