Curso 2017-18 |
Un ano máis, dentro do Proxecto Ríos, e no seo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, e Xeografía e Historia, o alumnado de 1º da ESO participou no Proxecto, traballando interdisciplinarmente estas materias, e realizando baixadas ó propio río segundo as necesidades do material traballado. Mostramos imaxes da baixada na que recollémolo lixo da ribeira do río, posto que en baixadas anteriores para facer diferentes medicións e traballo de campo, decatámonos de que a marxe esquerda do río estaba realmente moi chea de lixo. 4º ESO : continúa facendo as súas medidas da calidade físico-química da auga ,estudo de flora e fauna.Esta corresponde a baixada de primaveira. Traballos recopilatorios do estudo do ecosistema fluvial.
|
|||
O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista. http://www.fundacionmanolopaz.gal/
A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. |
|||
No mes de Xaneiro os alumnos de 1º de ESO realizaron unha ECOAUDITORÍA, coa axuda de Adega desde o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, para analizar e facer propostas de mellora de cara a problemas ambientais que poden darse no Centro (uso de papel, consumo de enerxía, xestión de residuos...) |
|||
O alumnado de 1º de ESO asistiu á saída didáctica organizada polo departamento de Ed. Plástica á mostra do 10º Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas en Santiago de Compostela acompañados por Adolfo, Teresa e Isabel. Alí gozaron da visita guiada á exposición e posteriormente participaron nun taller para elaborar as súas propias creacións.
|
|||
O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07.
Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet. Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos. Despedímonos ao modo Stat Wars: Que a forza dos datos vos acompañe!
|
|||